Antoloxia de prosa periodística en galego-asturiano (1903-1954)

Uncategorized

«Antoloxia de prosa periodística en galego-asturiano (1903-1954)».
Ediciones TRABE S.L., Oviedo (2025).
Autor: Xosé Miguel Suárez Fernández
ISBN: 978-84-10345-34-8

Páginas 141 – 173

A CONFIRMACIÓN DAS POSIBILIDADES LITERARIAS DEL GALEGO-ASTURIANO: ALEJANDRO SELA, EL TÍO PEPE.

Máis aló del interés histórico y lingüístico que ten cualquera artículo periodístico en galego-asturiano, presta atopar tamén colaboracióis con un interés literario evidente. Xa se señalóu el caso dos contos de Manuel de Lienes en El Río Navia, pro as columnas d’El Aldeano d’Alejandro Sela, escritas a os sous 19 ou 20 anos, tou na fe de que van un paso máis alantre pola súa calidá y cantidá, pola súa gracia y ironía, y tamén pola variedá da súa técnica narrativa a pesar da súa mocedá: dalgús empezando in media res, us cuntaos en pasao y outros en presente, us en primeira persona y outros dialogaos, dalgús máis descriptivos y outros de ficción… Y todos muito ben escritos.

Xa faléi d’este autor noutras publicacióis (Suárez Fernández, 1996, 1999, 2009) y tamén xuntéi toda a súa producción escrita en galego-asturiano núa edición (Sela, 2000) (86). Alejandro Sela García fora nacido en Vilavedeye (Castripol) el 14 de febrero de 1911, na Casa da Fonte. Era fiyo de José Sela Gayol, que tuvera emigrao en México, y Francisca García López. A casa tía terras en renta, pro nun se dedicaban á labranza. A súa situación acomodada facilitóu qu’el rapaz puidera fer bachillerato por libre y qu’en 1927 empezara a estudiar pra perito agrónomo nel Instituto Agrícola da Moncloa en Madrid. Na capital había un peteiro curioso d’estudiantes castripoleños que seguían mantendo el amistá y tando al tanto das novas da súa terra, cua que sempre taban comunicaos. Valia como exemplo que, condo se proclamóu a República, entre os discursos que se deron dende el balcón del Conceyo de Castripol, leuse un escrito de felicitación que dictaran por teléfono dende Madrid (87) firmao por Sela, Pedro G. Arias, Claudio Penzol, Manolo y Paco Marinero, Ricardo y Antonio López, Luis Campón y Carlos G. Soubelet, todos colaboradores ou achegaos a El Aldeano y a BPC.

En decembre de 1930, us meses despois d’acabar os estudios en Madrid (88), Alejandro Sela empeza a publicar nel quincenario artículos en galego-asturiano, anque con pseudónimo. Desa ten 19 anos, pro fai como qu’é un veyo que recorda os tempos d’antano. Primeiro firma como Fulano de tal (89), pro na segunda. entrega xa piya el arcuño d’El tío Pepe, qu’usa noutras seis máis. El última, “Por esos esfoyóis”, é de novembre de 1932. A mediaos de 1931 firmara col sou nome real un artículo en casteyano, “Mejora de la ganadería(90), sobre a súa especialidá académica y, despois das entregas en galego-asturiano, retomóu esa faceta técnica con outros dous artículos sobre el cuidao dos praos (91), que son os últimos que publica nel quincenario. El agricultura era úa parte fundamental nel que quería ser a publicación castripoleña y Sela axudaba cua súa formación teórica a mirar de miyorar as condicióis de vida dos labradores propoñendo anovar dalgúas das súas técnicas agrícolas.

Na primeira Asamblea da BPC, en setembre de 1931, en- tre outras ponencias presentadas sobre cuestióis organizativas, educativas y divulgadoras, Sela lera úa titulada “La Biblioteca y la agricultura(92) unde afondaba nas posibilidades da institución. cultural nese campo. Pro a súa vinculación cua BPC nun quedóu ei. Aquel mesmo mes, con Vicente Loriente, presentara nun acto en Siares al conferenciante Manolo Marinero. Sela “inició el acto con levantadas palabras. Aludió a la Biblioteca de Castropol y a la labor cultural que está desarrollando en todo el concejo en la que deben colaborar todos, habló después del conferenciante, de su amor por esta tierra y sus problemas, que estudia con cariño y conoce como pocos” (93).

Ese interés da xente qu’impulsaba a BPC por implicar- se col futuro del conceyo levóu tamén á creación ese mesmo ano d’úa asociación, Juventud Campesina, rexistrada despóis col nome d’El Suco, pra, según os sous estatutos, “interesar a la juventud en los problemas de la vida rural en relación con nuestra comarca, estudiándolos y formando opinión en favor de su solución, a fin de elevar el nivel de la vida rural”, “formar una conciencia cívica y profesional en las juventudes del concejo” y “desarrollar una labor de intensa asturianización” (94). Na comisión organizadora pra redactar os estatutos taban Loriente, Agustín García, José Ramón Muiña, Fernando Piñeirúa y Sela. Nel mesmo númaro d’El Aldeano unde se daba a nova del proyecto, publicábase un manifesto titulao “Hacia la organización de Asturias” que fía úa chamada pública pra que se botara a andar un proyecto d’estatuto d’autonomía pr’Asturias y que fundamentaba históricamente úas bases de reorganización política. Ese manifesto sacóuse tamén en foya solta firmada pola asociación El Suco (95).

A implicación de Sela cua BPC faise máis patente al outro ano, en 1932, cua súa entrada como vocal na directiva. Condo podía, botaba úa mao. Igual daba úa charla sobre abonos químicos, como a que deu en San Xuan en mayo de 1933 (97), qu’úa de literatura española, como a que leu na sucursal de Piñeira en xeneiro de 1934 (98). Lo mesmo lo poñían al frente da recopilación d’un refraneiro agrícola (99) que de xurao del II concurso de gaitas y canto (100), de reseñador de novedades bibliográficas pral boletín da BPC (101) ou de lector de contos pra os nenos, como en Vilavedeye en decembre de 1933 (102) ou na sucursal d’Añides en xunio de 1935, na súa inauguración (103). Del proyecto dos refráis, como de ben ideas interesantes da BPC, nun se volvéu saber miga (104).

El sou dominio del galego-asturiano y a súa naturalidá pra escribir tamén se puxo ben axina al servicio dos proyectos teatrales da BPC. Nel archivo de Vicente Loriente consérvanse úas cuartiyas escritas por Alejandro Sela con tres escenas dialogadas pra intercalar núa representación teatral d’un esfoyón con bailes tradicionales y cántigas, quizáis parte del espectáculo da BPC Noche Aldeana, ofrecido nel Casino de Castripol en 1929. Tamén participou noutra noite teatral da BPC nel Casino el 7 de xeneiro de 1933 al cargo del moneco d’ún dos personaxes principales na estrena del obra de guiñol dos irmaos Marinero Xan da Xata (105), na que Sela axudara na traducción al galego-asturiano. Nun proyecto nel que levaban anos dando voltas na BPC, úa revista infantil titulada El Trasno, tamén participóu traducindo al galego-asturiano úas cuartiyas escritas por Paco Marinero, anque a publicación nun chegou a poleiro (Suárez Fernández, 2009: 45-47, 295-299).

Nestos anos d’actividá, Alejandro Sela tamén seguíu os estudios. Completóu el bachillerato en Uvieo y estudióu a carreira de leis hasta que se licencióu pola Universidá d’Uvieo en 1936. Tocóuye alistarse nel Exército franquista y pola súa formación xurídica tuvo qu’actuar d’abogao en dalgús conseyos de guerra pra defender a acusaos republicanos. Despóis d’esa etapa, pre- paróu oposicióis y en 1945 nomáronlo xuez comarcal en Navia. Nese tempo empezóu a escribir artículos en casteyano en periódicos locales y revistas, ademáis de sacar un folleto sobre a figura literaria da Searila col médico neviego Jesús Martínez Fernández: La Searila (1955). Tamén publicóu os libros Hacia la ría del Eo (1957) y De vuelta al Eo (1960), unde xunta dalgúas d’esas colaboracióis. En 1969 nómanlo xuez comarcal de Castripol. Nese ano empeza a publicar artículos sobre el viño que xunta nel libro Vino, amor y literatura (1971). En 1972 volve de xuez pra Navia, vila unde xa quedóu hasta a súa morte el 28 d’outubre de 1982.

Que ye manaba escribir a aquel rapaz qu’empezóu tan novo nas páxinas d’El Aldeano confirmóuse na súa etapa xa madura como ensayista en casteyano. A pena foi que despois da guerra civil nun seguíu cultivando el galego-asturiano, agá úa última colaboración nel periódico Las Riberas del Eo en 1948, ”El varexador”, firmada einda como El tío Pepe. Concuaya muito ben este escrito con outro da súa etapa anterior, “Cuento”, unde tamén fai un retrato de ficción chen d’ironía. ¿Foi un artículo que ye quedara sin publicar pra El Aldeano, que retomou y deu salida nel único medio de prensa que quedaba entoncias na contornada? ¿Foi quizáis úa idea que nun chegou a cuayar de retratar personaxes ambientaos na terra, como se comproba tamén nel fragmento inédito que s’incluye nesta antoloxía, “¡Qué tía Marica!”?

Ademáis del interés literario que tein estos escritos en galego-asturiano, teinlo tamén dende un punto de vista etnográfico porque describe con muito detalle dalgús dos labores y festas que marcaban el calendario anual del labrador: os esfoyóis, a recoyida das castañas, os santurróis de fin d’ano, el antroido, os caleiros, a matanza… Tamén son un espeyo da mentalidá y as actitudes dos labradores naquelos tempos de tantos cambeos sociales y políticos, ademáis d’úa reivindicación da cultura propia, ás veces formulada de xeito ben esplícito, como neste fragmento de “Por esos esfoyóis”:

Quizáis esta falta d’entusiasmo seña a misma que se vai vendo noutras costumbres tradicionales. Nun sei se a xente se dá cuenta d’esto; alomenos nun fai nada pra qu’a cousa nun siga así. Tampouco sei de cierto os motivos principales de todo esto; algunha culpa tein a baraxa y a taberna, porque arredran al home, pero nun é einda eso lo que máis contribuye. Algo é. ¿Será el tempo que nos vai enrolando, féindonos perder lo noso, pr’acoyer eso de fóra muda cada bocadín? Todo elo é el noso arte, pero que muito noso, que nun debemos deixar perderse así como así; el perdelo é renunciar a toda a nosa ascendencia. Bienvenido seña el cine todas as cousas que nos enseñen el mundo, pero nun esqueizamos lo noso. Unha cousa nun ten razón pra quitar outra.

COMENTARIOS ORTOGRÁFICOS Y LINGÜÍSTICOS

El modelo lingüístico de Sela é ben interesante: á circunstancia de ser él d’orixe rural amécese a súa habilidá pra reflexar a fala tradicional, feito que tamén precisaba remarcar pra fer verosímil el personaxe veyo que representaba nas súas colaboracióis periodísticas. Evidentemente, nos textos hai muitos casteyanismos presentes xa daquela na fala de Vilavedeye y tamén dalgús galeguismos que teremos qu’atribuír al caxista da imprenta de Ribadeo al compoñer as galeradas ou quizáis a despistes del propio autor al escribir (cando, e, esquencendo, filla, mellor, operaciós, seus, uns, vello). Neste sentido, é chamadeiro que, agá estas escepcióis, Sela representa ben as solucióis con –y– propias del galego- asturiano de Castripol (meyores, veyo, fiyos, trabayo, aguya, argayadas, trangayadas, piyar, poliya, morciyas, Grandayá, del Cornayo…), pro nel caso del topónimo Vilavedeye pesóuye a forma oficial daquela y escribe Vilavedelle (anque nel texto editéilo).

Na súa escritura, reflexa a distinción que se dá oralmente entre el nun delantre de verbo y el non tónico (Non, nun quer). Como xa se dixo máis atrás, os máis dos escritores d’aquel entoncias escribían non, seguindo el avezo escritural tanto de galego como d’asturiano. Agá na primeira entrega firmada como Fulano de Tal y en dalgún caso de ralo en ralo, sempre estrema os dous usos. Tamén demostra tar atento al usar el condicional se, condo muitos autores en galego-asturiano, pol peso del casteyano, escribían daquela si.

Na cuestión das apostrofación y contraccióis ten muita vacilación, anque normalmente reflexa col apóstrofo os xuntoiros vocálicos que se dan na fala. Aveza a apostrofar a preposición de seguida de vocal (d’aquí, d’antroiro, d’aquelo, d’arrenegar, d’elos, d’ese, d’esta, d’hoy, d’home, d’outra), incluso condo son artículos (d’a, d’as, d’os y hasta d’el), anque úa vez escribe dun. Tamén apostrofa a preposición en seguida de dalgúas partículas como artículos, pronomes, indefinidos ou demostrativos (n’el, n’os, n’a, n’as, n’ela, n’esa, n’esta, n’estos, n’aquel, n’aquelos, n’un, n’algún, n’outras, n’outro), y ás veces con outras palabras (n’América). Dacondo escribe a contracción nunha. Cuase sempre apostrofa el relativo que (qu’era, qu’ibamos), pro as máis das veces representa esa apostrofación con c’ (c’agora, c’hay, c’oigan) y hasta úa vez cua contracción (ca min; nun se trata da conxunción comparativa galega, senón de qu’a min). Tamén os pronomes me, te, che, se (y el condicional se), ye aveza a apostrofalos (m’amola, m’amolaron, m’atrevo, m’acordo, t’apegas, ch’abía, s’acorde, s’encabrita, s’enteren, s’equibocan, s’acaso, s’ei decir a verdá, se y’a poñer), anque non sistemáticamente. Al apostrofación da preposición pra delantre de vocal a dáye como solución gráfica pr’ (pr’acompañalos, pr’aculá, pr’al, pr’alí, pr’aquela, pr’as, pr’atopar), anque en dalgúa ocasión, que poden ser equivocos tipográficos, usa outra solución máis arrevesada (p’ralcacel, p’rarriar). Incluso apostrofa dacondo delantre d’outras vocales (pr’eiste, pr’eisto, pr’ous chourizos). Podese ver cómo repara núas formas peculiares del demostrativo en Castripol (eiste, eisto) que tamén aparecen nos escritos de José Ramón Martínez.

Nun aveza a representar a contracción que se dá na fala entre a preposición con y os artículos a, el, os, as, anque condo lo fai grafíalo col apostrofación (c’os, c’ol, c’oas), y non solo con artículos senón tamén con demostrativos ou indefinidos (c’oesas, c’unha). Agá nun caso (po lo menos), nun representa a contracción da preposición por col artículo (por a, por el, por as).

El gusto pol apostrofación lévalo ás veces a usala en casos qu’hoi poden pintar innecesarios, anque reflexan un fenómeno de fusión vocálica evidente na cadía falada (y’al subir, y’ala, y’einda, y’entre, y’os calcaños, entr’el, entr’un, chama a’tención, x’hay ben anos…).

Nun escribe xuntos os artículos a y os (a os meus fiyos) y condo lo fai é pra reflexar el zarramento que se dá por causa del xuntoiro vocálico (ous veyoucos), fenómeno que reflexa tamén en ounde (por a únde).

Como xa se víu noutros escritos castripoleños, vacila nel uso de condo/cuando, circunstancia que pode responder á cercanía cua Veiga, unde cuando é predominante. Na edición dos textos nun se regularizóu.

Se incluyen, a continuación, los artículos en galego-asturiano publicados por el autor en diferentes medios:

Os santurróis.
El antroido.
Cousas del tempo.
Os caleiros
Cuento.
EL mondongo.
¿Cómo se ye ha de poñer al neno?
Por esos esfoyóis.
El varexador.
¡Que tía Marica!

NOTAS

(86) Aproveto el qu’escribín sobre él pra retomalo aquí con dalgúas correccióis y ameceduras. Ademáis, hai agora un blog ben completo sobre Alejandro Sela y toda a súa producción literaria: https://alejandrosela.es/

(87) «La proclamación de la República en Castropol», El Aldeano, 30-4- 1931.

(88) «Vilavedelle. Nuevo perito agrícola», El Aldeano, 15-7-1930.

(89) Sempre me pintóu evidente que detrás d’este arcuño taba a mesma persona qu’a que firmaba como El tío Pepe, y asina lo ateséi nas mías publicacióis sobre Sela, pro agora podo confirmalo col anotación manuscrita de Loriente debaxo del artículo de Fulano de Tal, que pon «A. Sela».

(90) El Aldeano, 15-6-1931.

(91) «Prados» (30-12-1932), «Prados (continuación)» (15-1-1933).

(92) El Aldeano, 15-9-1931.

(93) «Desde Seares. Una conferencia», El Aldeano, 30-9-1931.

(94) «Juventud Campesina», El Aldeano, 12-5-1931.

(95) El manifesto aparece nel periódico firmao por Manuel Marinero, anque nel exemplar del archivo de Loriente este amecéu a mao el nome de Claudio Penzol como autor.

(96) «Cambios en la directiva», El Aldeano, 30-9-1932.

(97) «Una conferencia», El Aldeano, 30-4-1933.

(98) A charla, dada un 14 de xeneiro de 1934, reseñóuse en «Crónica», La Biblioteca, n. 2, marzo-abril 1934.

 (99) «Para mayor exactitud, es preferible que los den por escrito y que cada refrán -transcrito con la mayor fidelidad- vaya acompañado, hasta donde sea posible, de los siguientes datos: a) trozo de conversación en que se ha oído, o a propósito de qué se ha dicho; b) qué se quiere significar con él; c) si se sabe algún dato de su antigüedad; d) a quién se le oyó en conversación; e) lugar en que se oyó o se usa; f) si es propio del lugar o importado y en este suele decir en la comarca; g) fecha en que se oyó y nombre del que lo envía. Esperamos que esta iniciativa sea acogida con interés por todos y muy especialmente por los labradores jóvenes que se agrupan en torno a nuestras Bibliotecas: la era de bienestar y de cultura que está en sus manos dar a nuestra tierra, tiene que empezar por pequeñas tareas de esta índole, en las que nuestro pasado se examine y valore con un criterio moderno, para sacar de él las directrices del porvenir» («Un Refranero Agrícola», La Biblioteca, nº 2, marzo-abril 1934). Dizse tamén na nota que Sela xa tía recoyidos un bon feixe d’elos. El proyecto seguíu y d’él volvéu falarse el 19 d’agosto de 1934 na III Asamblea da Biblioteca, feita nas Figueiras, unde acordaron que todo aquel que tuvera dalgún material yo mandara a Sela (“III Asamblea de las Bibliotecas del Concejo”, La Biblioteca, nº 3, mayo-decembre 1934)

(100) “Cronica: II concurso de gaitas y canto regional”, La Biblioteca, nº 3. Mayo.decembre 1934.

(101) A. S., «»El ganado bovino de Asturias», por Naredo y Bajo», La Biblioteca, nº 4, xeneiro-marzo 1935.

(102) «1933. Crónica del año: Cuentos en otros lugares», La Biblioteca, nº 1, xeneiro-febreiro 1934.

(103) «Crónica: Añides. Inauguración de la Biblioteca», La Biblioteca, nº 5-6, abril-setembre 1935.

(104) Einda en 1935, núa carta a Vicente Loriente fechada el 6 de febreiro, Sela queixábase del desinterés da xente pol proyecto: «Te mando algunos de los refranes que tengo. Nadie me dio uno siquiera».

(105) Hai dúas búas reseñas d’este día das que se coyeron os datos: «Los currillos», El Aldeano, nº 79, 15-1-1933; y «1933. Crónica del año», La Biblioteca, nº 1, xeneiro-marzo 1934.

10 comentarios en “Antoloxia de prosa periodística en galego-asturiano (1903-1954)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *