Os caleiros de Vilavedelle

El Aldeano, Tío Pepe

Publicado en: El Aldeano. 30-6-1931; EL TÍO PEPE (2000)

Tempo foi aló pola segunda mita del siglo pasado en que Vilavedelle tía unha boa axuda económica nos fornos de cal. Naquelos tempos, el ter un caleiro nun era máis qu’un complemento das labores del caserío. Case todas as casas, por nun decir todas, tían entonces el sou forno, unde os vecíos empleaban el tempo que sobraba das laborías y unde gastaban as poucas energías que yes quedaban de piyar os tarróis y peliar cos balocos, qu’había ben d’elos.

El trabayo que daba un caleiro é un trabayo dos máis penosos pral qu’era necesario xente de muito arranque y de muito embiste. Xa se sabe que naquelos tempos todos tían estas cualidades, cousa que nun pasa agora, pois ademáis de ser d’outra naturaleza, ta a xente feita a outra vida mui diferente (a xente d’hoi quizabes nun aguantase este trabayo).

A causa qu’os labradores se dedicasen a este trabayo era debido a que, como había muita pedra y mui boa, quixeron aprovechar unha riqueza qu’a naturaleza cedéu a este pueblo. Esta pedra gozaba tamén de fama pra obrar y pra feir baños de salar, pois d’aquí saliron todos os baños d’unha peza que se conocen en todos os alrededores.

Anque haberá muitos que tán enterados de cómo se faguía antiguamente a cal, pode haber algún que nun teña, y pra estos vou decir unha pouca cousa das operacióis qu’había que feir.

A primeira labor que se presenta pra cocer unha fornada é el saque da pedra. Nun fai falta que diga el trabayo que leva el sacar a mandarriazos y con escasa pólvora de treinta y cinco a cincuenta carros de pedra, según a grandura del forno. A pedra que se saca vaise arriando pral pé del forno. Vén despóis a coyida del toxo pra cocer, que vein a feir falta al pé de corenta y cinco carros; había qu’ir a él a Grandaya pois era tanto el que se cocía qu’os montes de cerca del pueblo taban todos rapenados; había que baxalo, y pra elo poñíanse d’acuerdo unhos vecíus con outros pra treilo todo en pouco tempo. D’este xeito correspondíanse unhos a outros.

Despóis vía a armadura, qu’é a operación máis difícil, porque un forno ben armado leva, ademáis de muitas fanegas, a ventaja de cocer ben, cousa pra la cual había sempre xente ben entendida.

En cuanto taban os materiales reunidos había qu’esperar un bon día pra encender, pois como dura encendido unhas corenta horas, máis ou menos, nun servía andar á tarabela, porque podía chover y malograrse todo el trabayo que se fixera. Ben é verdá que tampouco faltaban entendidos na materia, pra eso poñían a pucha al lado mirando as estrelas y as nubres y pronosticaban al sou xeito. Sabido é qu’algunha vez s’equivocan, pero eran as menos, y cuando esto yes pasaba disculpábanse así: “Ta el tempo aturbonado; xa volo decía eu”.

Despóis d’encendido había que tar, como antes dixen, corenta horas atizándoye sin parar, labor mui agotadora polas grandes temperaturas qu’hai qu’aguantar; pero pra eso alternaban os individos qu’atizaban cada unha ou dúas horas. A bota del viño era unha ferramenta mui usada en todas as operacióis, pero nesta última máis qu’en ningunha.

Pasadas estas faenas y desde qu’enfriaba el forno, hala, sacar a cal y cargala nos carros pra levala a unde fora pedida, ou vender alí a os que vían buscala. Medíase como agora, en fanegas, pero ¡qué fanegas! Atrévome a decir, y sin medo ningún, que cada unha tía por tres das d’agora. Esto en cuanto a cabida y en lo que toca a coste, tres reales ou unha peseta, sendo agora el precio tres ou cuatro pesetas.

Einda hai hoi nel sito que ye chaman A Tarexe, os fornos qu’antes funcionaban (trece ou quince) envoltos polas hedras, as silvas y as folgueiras, unde fain os níus os carrizos y as papudas.

Como este sito ta na veira da ría, nun faltaban lanchas pr’arriar a cal nas que se fixeron grandes patróis. Teño ouguido nombrar, entre muitos máis qu’agora nun acordo: Cereixeiras, Carabel, Bodegos, Murias, Suabarra, Louguisón, Filipón, etc., etc. Queda d’estos Manuel da Bodega, que nos cuenta einda muitas das súas aventuras pola ría del Eo, tan chías de tradicióis gloriosas. El ayudante d’éste, Amador de Suabarra, tamén nos cuenta cousas d’este pasado tan esclavo y tan pouco lucido. Einda se ven hoi nas ribeiras de Vilavedelle esqueletos de lanchas célebres, chantados na lama, que naquel tempo foron el verdadero orgullo dos sous patróis. Un d’ésos, Carabel, cuando vía a súa lancha cortar as olas, decía: ¡Cómo las cortas, Copria!, dito que quedóu na memoria dos vecíus como símbolo de gloria y de recordo d’aquelos tempos.

EL TÍU PEPE

Un comentario en “Os caleiros de Vilavedelle

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.