Os Santurrois

El Aldeano, Tío Pepe

Publicado en: El Aldeano. 30-12-1930; EL TÍO PEPE (2000)

Xa vai chegando unha fecha que me trai muitos recordos, y entre elos, ún que me chama máis a atención y hei de chamala, porque nun nos esqueice, pois hai outras cousas dos meus bos tempos que xa van aló, y esta non: son os santurróis. Os santurróis é unha costumbre mirada con muito aprecio pola xente nova d’agora, cousa qu’é d’estrañar, porque nestos tempos que corren, toda a xente nova érguese dos couces contra todo lo que noutro tempo foron as nosas meyores diversióis. ¡Se m’acordo!

Poucos sitos hai en todo por aquí que nun los fagan, y xa se sabe cuándo son: última noite del ano veyo y comenzos del novo. Como se vai vendo son sempre en tempo fijo, cousa que dá seguranza al dito que se fala cuando sale ún dos santurróis: ¡D’hoi nun ano! Esto nun se pode decir cuando se guarda inda unha vigilia ou, anque se poda, pode que pral ano que vén xa nun haya tal vigilia.

Dúas ou tres casas en cada pueblo son abondas pra que se xunten os devotos dos santurróis, que son muitos. Van os mozos de cada casa y, unha vez qu’outra, os santurróis veyos pr’acompañalos. Eu sempre acompaño a os meus fiyos porque, se hei decir a verdá, gústanme a min tanto como a elos y, ademáis, gústame acompañar as fiyas porque nestos tempos nun se poden deixar solas. ¡Haivos cada xilitrón por ei!

Costa pouco trabayo feilos, porque todo el mundo se presta con voluntá pr’axudar. Escríbense nun papel os nombres das mozas, y os dos mozos noutro, y recóntanse ún por ún. Métense os das mozas nun saqueto, enroscados, y, noutro saqueto, del mismo xeito, os dos rapaces. Sácase un nombre d’un saqueto y, case al mismo tempo, ún del outro, que se lee berrando abondo pra qu’oigan todos. D’este xeito xa temos a primeira parexa de comprometidos que, como as outras, compónse de todos os non casados desde catorce ou quince anos pr’arriba y que señan conocidos de todos cuantos hai alí xuntos. Despóis cóyese unha liñada de filo con unha aguya pra coser as pareyas unha por unha, deixándolas un pouquín separadas pra que nun se confundan de máis, y xa tán os santurróis feitos.

¡Sálevos ás veces cada parexa tan desamañada! Unha cousa é decilo y outra el velo, porque hai alguna – d’estos novos – que ve a muito desprecio que ye toque pra parexa un veyouco ou unha veyouca. ¿Por qué recoirola nun quitan entonces a os veyoucos anque teñan solteiros?, dirá el que desconoza esto.

¡Ai, meus neníus, porque se nun fora así os santurróis perdían toda esa gracia con que naceron!

Decíame unha madre, un d’estos anos d’atrás, nunha casa que taban feindo os santurróis:

– Mira, ho, a mía fiya por esto corre muito. ¡Se fora pra surcir unhas medias ou pra lavar un paxelo, nun ch’había correr tanto, leve el demo!

– A mía fai lo mismo – decía outra madre.

Eu crinyes ás dúas, pois era tal a seguranza con que lo decían que convencían al máis pintado. Cada ún ten abondo que rascar de sou.

Dispóis que tán os santurróis feitos hai que levalos, de noite mismo, a deporondalos a un arbol calquera, pra qu’al outro día as veyas cuando vayan á fonte ou salan da misa s’enteren. Despóis vanse tranquilas prá casa a empezar a “gobernar a vida” del ano novo.

FULANO DE TAL

Un comentario en “Os Santurrois

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.