Cousas del tempo

El Aldeano, Tío Pepe

Publicado en: El Aldeano. 15-4-1931; EL TÍO PEPE (2000)

  • Ola, Pepe ¿como che vai?
  • Ben ¿y tú?
  • Nun hay novedá; mentres anda un, menos mal.
  • ¿Veis de pagar a paga?
  • Si, veño. Por cierto c’agora da gusto, porque en cuanto chega un, paga y’ala, vaise correndo pra casa, y’einda se pode aprovechar medio dia, que del outro xeito, como antes, eso de tar ali todo el dia tia a un empendangado. Y’ademáis, habia que comer aló, que tamén e outra contribución.
  • ¡Y se fora sólo a xanta! Despois via lo demais: neto aquí, chiquito ali; cuando chegaba un a casa iba amolado y sin un perrin. D’ese xeito faguiamos unha festa dun dia desgraciado. Agora, como tá dividido en parroquias, e muita comodidá
  • Si xa. ¡Muita comodidá! Pra estas cousas dannos muitas facilidades. Sempre foi igual. Pero lo qui’e, desde que pagas, acordarse de ti ¡Miau! ¡Coruxa papou! E verdá c’hay mal y pior, pero bueno. Y digo eu, ho ¿vaxaron algo?
  • ¡Tas tolo! Pregunta si subiron, ca min nun sei como mʻamolaron cuatro pesetas y céntimos desde el outro trimestre. Timbre d’aquí, móvil del outro lado, en resumen de cuentas, eso que che digo.
  • Cálame xa a boca, ca min ben sei ma subiron, pero hasta mañá nun sei el qué, porque a mia parroquia tocaye mañà ¡Y pra que diante cambiou el Gobierno! Cuando parecia qu ́ibamos pra ben, vamos de mal en pior.
  • Y xa que falas del Gobierno, dicen por ei c’hay eleucciós en abril ¿tú sabes algo?
  • Eso falan; pero vai crerye tu a esa xente. As eleuciois ¡quén las piyara! Tu nun sabes que estos gobiernos de dictadura nun las fain. Y se las fixeran, seria chocolate con arengues. Ademáis, se chegaran a feilas y foran de justicia ¿a quén che parece que prenderian primeiro?… Y’eso nun pode ser, y tu ben lo sabes ¡Bos peixes tan alredor del pote!
  • Pois eu, se chei decir a verdá, creo que las haya. E muito el tempo que leva a Xente sin moverse, y’esta e unha cousa que, mais ou menos, todo el mundo la quer
  • Nun penses en nenadas, Xan! Mira: si os que sodes algo politicos, ou, meyordito, lo foste, queredes eleuciois, faguede unha rogativa haber se asi vos cai algo. Vexovos vir, conózovos como se lo fora eu. Desde que vos falta aquel mangoneo parece que nun acongoxades; mais d’esta vez paréceme que chegastes tar de. Y’el que mais m’amola a min son esas ilusiois, esa esperanza n’el que nun ha vir. Tú nun sabes ese dito c’hay por ei, que dice:

Ayer dicícheme c’hoy,

hoy dicesme que mañá

y mañá as me decir:

– ¿Cocéronxe xa as patacas?

– Non; pero eiyes atizar candela.

El Tio Pepe

Un comentario en “Cousas del tempo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.