ALEJANDRO SELA Y OUTROS ESCRITORES EN GALLEGO-ASTURIANO NEL PERIÓDICO EL ALDEANO DE CASTRIPOL (1921-1933).

Uncategorized

Libro: Actas Das Primeiras Sesióis d’estudio del Occidente. Castripol, 8 d’agosto de 1998

Pág. 59. Alejandro Sela y outros escritores en galego-asturiano nel periódico El Aldeano de Castripol (1929-1933)
Autor: Xosé Miguel Suárez Fernández

ACADEMIA DE LA LLINGUA ASTURIANA
Secretaría Llingüística del Navia-Eo.
Oviéu 1999.

ISBN 84-8168-171-7.
Dep. Legal AS-1854-99

…/…

Abríamos el título d’esta comunicación col nome d’Alejandro Sela. Fíamolo asina porque d’este autor son a mayoría dos artículos en gallego-asturiano que se publicaron nel periódico y porque el conxunto d’ellos, un total d’oito, pola súa temática y pol sou estilo, poinlo nun sito preferente entre os cultivadores da nosa fala. 

Alejandro Ramón Sela nacera en Vilavedeye (Castripol) el 3 de marzo de 1911 (14-02-1911). Estudiara en Madrid perito agrónomo pra despóis completar el bachillerato en Uviéu y poder siguir por llibre a carreira de lleis, profesión que siguíu como xuez en Navia hasta a súa morte en 1982. Empezóu publicando, cua súa firma, artículos sobre ganadeiría y llabranza en El Aldeano al acabar os sous estudios en Madrid. Allí, en Madrid, había un bon peteiro de rapaces de Castripol que taban estudiando y que siguían véndose y llevando amista. Valia d’exemplo que condo se proclamou a República chegou un telegrama d’apoyo dende Madrid a El Aldeano (13) firmao por Alejandro Sela, Pedro G. Arias, Claudio Penzol, Manolo y Paco Marinero y Ricardo y Antonio López, todos colaboradores de dalgún xeito nel periódico. 

Sela axudaba mui activamente nas actividades da Biblioteca, entre outras cousas, trabayando por amañar úa sección da mesma en Vilavedeye. Tamén era ún dos teóricos del grupo. Na asamblea del ano 1931 tán de ponentes Agustín García, Vicente Loriente, Manolo Marinero y él mesmo, con un trabayo sobre el papel que podía ter a Biblioteca na medría y miyora da agricultura y, polo tanto, del llabrador (14). Nesos tempos mozos, os rapaces da Biblioteca fían de todo. Atopamos a Sela un 7 de xeneiro de 1933 con Agustín García representando el obra de guiñol Xan da xata (15). En decembre d’ese mesmo ano acupóuse él personalmente de brindar á xente de Vilavedeye seis sesióis de contos populares asturianos nel qu’era úa das activIdades avezadas da Biblioteca (16). 

A súa faceta como escritor en gallego asturiano faila col alcuño de “El Tío Pepe”, xa qu’escribía como se fora un llabrador veyo que xa tía visto y vivido muito. Pra úa zona como a da marina estremooccidental, con poucos estudios etnográficos – y muito menos d’épocas anteriores á Guerra Civil -, estos artículos d’Alejandro Sela son ben importantes porque describen con muita riqueza dalgús dos llabores y festas que marcaban el calendario anual del llabrador: esfoyóis, recoyida das castañas, os santurróis da noite del ano veyo, el antroido, os caleiros, a matanza… y todo cuntao cuas palabras dos veyos, cuas súas mesmas espresióis y cua súa mesma mentalida. É de mérito esa capacida que tuvo un rapaz, de pouco máis de vente anos daquella, pra catar el xeito de falar y de ver as cousas d’un veyo como era el tío Pepe. 

El mesmo interés que tein os datos etnográficos que nos brinda Sela teinlo os datos llingüísticos porque amostran cómo era a fala dos veyos na década dos anos vente. Nun hai qu’esqueicer qu’os sous escritos son dos primeiros casos de prosa en gallego-asturiano que conocemos. Vese claro que, a pesar das vacilacióis del escritor y dos posibles equivocos del caxista, Alejandro Sela conocía ben a fala y tía úa gran capacidá pra reparar en todos os detalles, circunstancias estas que quedan ben reflexadas nel qu’escribe. 

Polas fechas, pol xeito d’escribir y polos detalles ortográficos, podemos dar cuase como seguro qu’el artículo “Os santurróis” firmao col pseudónimo de “Fulano de Tal” en decembre de 1930 é tamén d’Alejandro Sela. Pinta que foi a súa primeira incursión nas colaboracióis lliterarias en El Aldeano y qu’el outro alcuño einda nun lo discurrira desa. É como “El Tío Pepe” como ha siguir publicando al llargo de 1931 y 1932. Nel mes de novembre d’este último ano publica a súa última colaboración como tal pero sabemos pola súa familia que despóis da guerra siguíu usando ese nome pra publicar relatos en gallego-asturiano en periódicos como Las Riberas del Eo, publicación na qu’einda nun pudemos pescudar abondo. Temos xa amañada úa edición dos artículos de “El tío Pepe” que publicou Sela en El Aldeano peró iba pintar muito miyor poder recopilar todos os que puido publicar posteriormente noutros periódicos. 

Seique foi pola mor da súa especialización sobre agricultura y el sou gusto pol cultivo da fala local polo que, en 1933, quedóu d’encargao de recopilar un refraneiro agrícola, primeiro paso d’un proyecto muito máis cobicioso da Biblioteca Popular Circulante de xuntar material folklórico (17). El proyecto siguíu y d’él vólvese falar na xunta da Biblioteca de 1934 feita nas Figueiras unde s’acorda mandarye material a Sela siguindo úas normas acordadas xa antias (18). Sabemos que Sela xa tía material recopilao peró d’éste, como de muitos outros proyectos da Biblioteca, nun se volvéu saber miga. Pode que Vicente Loriente, como alma qu’era de todo el que se fía na Biblioteca y que, por circunstancias de todo tipo, siguíu velando y esmoléndose polos sous materiales despóis da guerra, guardara os refráis que s’axuntaran y siguira el trabayo recopilador. A proba é que foi colaborador nel Refranero asturiano de Luciano Castañón (18). Tamén sabemos pola familia d’Alejandro Sela qu’éste escribíase con Castañón y que tamén ye mandaba refráis, anque nun apareza citao na llista de colaboradores. 

Al “tío Pepe” salíronye compañeiros nas páxinas d‘El Aldeano. Un «Aldeano da Praza» veu a siguir col mesmo tono irónico con un par d’artículos titulaos «Cuentíus» y un terceiro colaborador, «El Aldeano de Taves», escríbeyes úa carta al tío Pepe y al aldeano da Praza…/…

. . . . . .

 (13) El Aldeano, no 38, 30-4-1931.

(14) El Aldeano, no 47, 15-9-1931

(15) El Aldeano, n° 78, 15-1-1933. Tamén hai úa reseña en “’Los ‘currillos’”, La Biblioteca, n°1, xeneiro-febreiro 1934, p. 17. 

(16) Ibid., pp. 19-20.

(17) La Biblioteca, no 2, marzo-abril 1934. Dizse tamén na nota que Sela xa ten recoyidos un bon feixe d’ellos.

(18) Diz a noticia: “Para mayor exactitud, es preferible que los den por escrito y que cada refrán transcrito con la mayor fidelidad vaya acompañado hasta donde sea posible, de los siguientes datos: 

a) trozo de conversación en que se ha oído, o a propósito de qué se ha dicho;

b) qué se quiere significar con él;

c) si se sabe algún dato de su antigüedad;

d) a quién se le oyó en conversación;

e) lugar en que se oyó o se usa;

f)si es propio del lugar o importado y en este caso, como se suele decir en la comarca;

g) fecha en que se oyó y nombre del que lo envía. 

Esperamos que esta iniciativa sea acogida con interés por todos, y muy especialmente por los labradores jóvenes que se agrupan en torno a nuestras Bibliotecas: la era de bienestar y de cultura que está en sus manos dar a nuestra tierra, tiene que empezar por pequeñas tareas de esta índole, en las que nuestro pasado se examine y valore con un criterio moderno, para sacar de él las directrices del porvenir”. Ibid, pp. 10-11. 

(19) L. Castañón, Refranero asturiano, (2a edición aumentada), IDEA, Uviéu, 1977, p. 15. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *