ALEJANDRO SELA. EL TIO PEPE

Uncategorized

ALEJANDRO SELA. EL TIO PEPE. Colaboracióis periodísticas en gallego-asturiano (1931-1948).

Secretaría Llingüística del Navia-Eo. A Revista del Navia-Eo. Uviéu 2000

Por Xosé Miguel Suárez Fernández

INTRODUCCIÓN

Nun é úa novedá dicir qu’as primeiras mostras escritas del gallego-asturiano son úas desconocidas pral máis da xente. El desprecio á fala propia, el tella como cousa pouco merecedora d’atención ou consideración, axudou a que s’esqueicera el muito que s’escribira nella nos periódicos locales nas décadas anteriores á guerra civil. A dificultá d’atopar, ou mesmamente consultar, ese patrimonio de foyas amarelladas esparcido por caxóis y des váis d’Asturias – y da Habana, y de Buenos Aires… – que, por desgracia, ta pouco presente nas hemerotecas, fai que coste caro dar a conocer d’un xeito sistemático os escritores en gallego-asturiano que van parecendo nas súas páxinas. 

EL ALDEANO

Xuntando d’aquí y d’alló, fomos quen a repasar todos os númaros del periódico El Aldeano de Castripol (1), publicación quincenal que salíu dende 1929 hasta 1933. Desiguida reparamos nel interesantes qu’eran as colaboracióis qu’Alejandro Sela, un rapaz qu’acabara os estudios de perito agrónomo, firmaba col pseudónimo de “El tío Pepe”(2). Eran y son interesantes pola súa riqueza llingüística y etnográfica y, sobre todo, por ser a producción prosística en gallego-asturiano máis completa y abundante qu’atopamos nesas primeiras décadas del siglo XX (3). 

El Aldeano fías as veces de boletín da Biblioteca Popular Circulante de Castripol, entida amañada anos antias y que fía un bon llabor de difusión cultural non sólo na villa senón en todo el conceyo. Nel periódico había sito tamén pras colaboracióis de matiz máis ideolóxico ou político, sempre de xente achegada á Biblioteca, unde se defendían os valores del “aldeano” como símbolo ou resume da esencia asturiana y da organización económico-política tradicional d’Asturias. Nun faltaban nunca nas súas páxinas cuestióis como el acceso á cultura da población rural, a necesida d’un anovamento das técnicas pedagóxicas, a crítica del sistema político da dictadura de Primo de Rivera, el interés porque a mocedá se comprometera na política, etc. Al cabo, al aveiro d‘El Aldeano y da Biblioteca xuntábase un peteiro de mozos d’ideas agayosas, ás veces contradictorias, pero que tían un afán claro de mudar as cousas y miyorar as condicióis de vida da xente a través d’un cambeo cultural fondo. 

ALEJANDRO SELA

 Alejandro Sela fora nacido en Vilavedeye (Castripol) el 3 de marzo de 1911. Fiyo de José Sela Gayol y Francisca García López, estudiara en Madrid perito agrónomo pra despóis completar el bachillerato en Uviéu y siguir a carreira de lleis por llibre. En Madrid había úa búa colonia d’estudiantes castripoleños que siguían mantendo el amistá y tando al tanto das novas da súa terra, cua que sempre taban comunicaos. Valia como exemplo que, condo se pro clamou a República en España, mandaron un telegrama de felicitación dende Madrid a El Aldeano (4). Firmábanlo Alejandro Sela, Pedro G. Arias, Claudio Penzol, Manolo y Pa co Marinero, Ricardo y Antonio López, todos colaboradores ou achegaos al proyecto periodístico d’El Aldeano. 

En acabando os sous estudios en Madrid, Alejandro Sela publica, cua súa firma, artículos sobre ganadeiría y agricultura en El Aldeano. Era ésta úa parte fundamental nel que quería ser a publicación castripoleña y Sela axudaba cua súa formación teórica pra mirar de miyorar as condicióis de vida dos llabradores anovando dalgúas das súas técnicas agrícolas. Pode dar úa idea del variao dos esmolementos d’estos mozos el asamblea da Biblioteca Popular Circulante feita nel ano 1931. Nella presentan ponencias Vicente Loriente – sobre a súa organización y as actividades feitas -, Agustín García – sobre el papel educativo da Biblioteca -, Manolo Marinero – sobre a cultura tradicional asturiana y el llabor divulgativo y de recuperación d’esa riqueza -, y Alejandro Sela – con un trabayo sobre el que podía fer a Biblioteca na medría y miyora da agricultura y, polo tanto, del llabrador (5) -. Daquella, Sela xa empezara a escribir nel periódico artículos en gallego-asturiano, anque col alcuño de “El tío Pepe”. 

Dende Vilavedeye, tamén Sela axudóu nel llabor da Biblioteca tentando d’amañar allí úa sección y fendo él mesmo dalgúas das actividades avezadas, como nel mes de decembre de 1933, que brindóu personalmente seis sesióis de contos populares asturianos a os sous vecíos (6). Nas actividades centrales da Biblioteca tamén axudaba. Por exemplo, el 7 de xeneiro d’ese mesmo ano xa actuara, con Agustín García, na estrena del obra de guiñol Xan da xata, na que foi a primeira representación con esta técnica teatral que se fexo na zona (7). 

El periódico acabóu en 1933 pero non el llabor da Biblioteca. Quizabes por causa da súa especialización sobre agricultura y el sou gusto pol cultivo da fala local, nese ano Sela quedóu d’encargao de recopilar un refraneiro agrícola, primeiro paso d’un proyecto muito máis cobicioso da Biblioteca Popular Circulante de xuntar material folklóricos. El proyecto siguíu y d’él vólvese falar na xunta da Biblioteca de 1934 feita nas Figueiras, unde s’acorda mandarye material a Sela siguindo úas normas acordadas xa antias (9). Sabemos que Sela xa tía material recopilao peró d’éste, como de muitos outros proyectos da Biblioteca, nun se volvéu saber miga. Pode que Vicente Loriente, como alma qu’era de todo el que se fía na Biblioteca y que, por circunstancias de todo tipo, siguíu velando y es moléndose polos sous materiales despóis da guerra, guardara os refráis que s’axuntaran y siguira el trabayo recopilador. A proba é que foi colaborador nel Refranero asturiano de Luciano Castañón (10). Tamén sabemos pola familia d’Alejandro Sela qu’éste escribíase con Castañón y que tamén ye mandaba refráis, anque nun pareza citao na llista dos sous colaboradores. 

Pode qu’Alejandro Sela, despóis de pechar El Aldeano en 1933, siguira escribindo como “El tío Pepe” en outros periódicos, quizabes nos de Ribadeo. Nos meses da chegada da guerra civil a Castripol, tempo pouco al xeito pra veleidades lliterarias, Sela dedícase al abogacía y tócaye tentar de defender a dalgús presos del bando da República. Anos despóis, pasa a exercer de xuez en Navia, localidá unde morréu en 1982. Nese tempo nun deixou d’escribir y colaborar en periódicos como Las Riberas del Eo y en folletos de festas locales, ademáis de publicar artículos sobre viño y gastronomía en revistas especializadas. 

Ademáis d’un folleto escrito d’emparzao col naviego Jesús Martínez Fernández, La Searila (Navia, 1955), publicou dous llibros unde se xuntaban colaboracióis súas escritas pra llibros de festas y outras ocasióis: Hacia la Ría del Eo. Ensayos breves de amor y más cosas (Navia, 1957) y De vuelta al Eo (1960). 

EL TÍO PEPE 

Alejandro Sela, como escritor en gallego-asturiano, firmaba col alcuño de “El tío Pepe”. Nas súas colabora cióis fía como se fora un llabrador veyo que cuntaba as súas cousas ou era protagonista de dalgúa historia. Pra úa zona como a da marina estremooccidental, con poucos estudios de mena etnográfica – y muito menos d’épocas anteriores á Guerra Civil -, os trabayos periodísticos d’Alejandro Sela son ben importantes porque describen con muito detalle dalgús dos llabores y festas que marcaban el calendario anual del llabrador: esfoyóis, recoyida das castañas, os santurróis da noite del ano veyo, el antroido, os caleiros, a matanza… y todo cuntao cuas palabras dos veyos, cuas súas mesmas espresióis y cua súa mesma mentalida. É de mérito esa capacida que tuvo un rapaz, de pouco máis de vente anos daquella, pra catar el xeito de ver as cousas y pr’arromendar a un personaxe d’un veyo como el tío Pepe. 

El mesmo interés que tein os datos etnográficos que nos brinda Sela teinlo os datos llingüísticos porque amostran cómo era a fala dos veyos na década dos anos trenta. Vese claro que, a pesar das vacilacióis del escritor y dos posibles equivocos del caxista, Alejandro Sela conocía ben a fala y tía úa gran capacidá pra reparar en todos os detalles, circunstancias éstas que quedan ben reflexadas nel qu’escribe. 

Polas fechas, pol xeito d’escribir y polos detalles orto gráficos, podemos dar cuase como seguro qu’el artículo “Os santurróis” firmao col pseudónimo de “Fulano de Tal” en decembre de 1930 é tamén d’Alejandro Sela. Pinta que foi a súa primeira incursión nas colaboracióis lliterarias en El Aldeano y que, desa, einda nun discurrira el outro alcuño. Xa como “El tío Pepe” é como ha siguir publicando al llargo de 1931 y 1932. Nel mes de novembre d’este ano publica a súa última colaboración como tal peró tamén despóis da guerra siguíu usando ese nome pra publicar relatos en gallego-asturiano en periódicos como Las Riberas del Eo. Por desgracia, namáis demos volao nún d’ellos. 

Al cabo, nesta edición brindamos estas colaboracióis periodísticas: “Os santurróis” (El Aldeano, n° 30, 30 de decembre de 1930), “El antroido» (El Aldeano, n° 34, 28 de febreiro de 1931), “Cousas del tempo” (El Aldeano, no 37, 15 d’abril de 1931), “Os caleiros de Vilavedelle” (El Al deano n° 44, 30 de xuyín de 1931), “Cuento” (El Aldeano n° 50, 30 d’outubre de 1931), “El mondongo” (El Aldeano, no 54, 30 de decembre de 1931), “¿Cómo se ye ha poñer al neno?” (El Aldeano, n° 68, 30 de xuyín de 1932), “Por esos esfoyóis” (El Aldeano n° 76, 30 de novembre de 1932), “El varexador” (Las Riberas del Eo, 5 d’outubre de 1948). 

A familia del escritor apurríunos un relato manuscrito sin fechar y sin acabar, “¡Qué tía Marica!”, del qu’hai tres versióis. Tía a traza de ser outra colaboracióin del tío Pepe peró, que nosoutros sépamos, nun se publicou. Brindamos úa trescripción da versión que nos pintóu máis acabada. 

EL MODELO ESCRITO 

Hai que recordar qu’el periódico El Aldeano compoñíase en Ribadeo, qu’os artículos chegaban a mao y qu’el caxista podíalo ller mal ou meter cousas da súa coyeta propia. Eso esplica dellos de casos de claros galleguismos que nun se dan na fala de Vilavedeye y que nosoutros amañamos por ter que ser cousa del caxista y non del au tor (uns, mellor, vello, filla, operaciós, esquencendo, cando (11)). Noutros casos, como condo parez a conxunción e y el posesivo seus – nel canto de y y de sous -, anque son fenómenos que xa s’usan en llugares cerca de Vilavedeye como na Veiga, tamén temos que volver botarye a culpa al caxista porque namáis atopamos un caso de cada ún, que pinta abondo pouco en comparanza cua xeneralidá absoluta de y y sous nel resto de colaboracióis. Nun se pode descartar que nun tempo pudera haber úa convivencia ou vacilación entre esas formas na fala del llugar, pero nun pensamos qu’aquellos sían datos fiables, sobre todo nel contexto chen d’erratas del periódico. 

É sabido de sobra a distinción que se dá nel gallego-asturiano, común col asturiano, entre non y nun (Non, nun quero). Os escritores en gallego-asturiano d’antias da guerra, tan atentos a reflexar a realidá falada, así y todo, pintaban ter a convención d’escribir non tanto condo iba delantre d’un verbo como condo non. Ou nun yes parecía relevante a distinción ou influíayes a tradición escrita galega y hasta a asturiana, que tamén avezaba a escribir sempre non –. El demáis, Alejandro Sela é úa escepción nesos anos porque, agá nel artículo primeiro que firma como “Fulano de Tal” y en dalgús outros poucos casos esparcidos polos sous escritos, sempre estrema perfeutamente el non del nun. 

Na cuestión d’apostrofacióis y contraccióis os textos del tío Pepe tein úa gran vacilación. Constátase, eso si, qu’Alejandro Sela reflexa por medio del apóstrofo dalgús dos fenómenos de contracción que se dan na fala. Imos citar, a continuación, as llinias xenerales del sou sistema d’apostrofación anque, volvemos alló, non sempre las siga dafeito. 

Sela apostrofa a preposición de siguida de vocal (d’homes, d’aquí) hasta cuas formas d’artículo (d’a, d’os, d’as). Cuase sempre apostrofa el relativo que (qu’era, qu’íbamos) pero dalgúas veces representa esa apostrofación con úa c’ (c’agora, c’hay). Tamén os pronomes se (y el condicional se), te, me, che, aveza a apostrofallos (s’acorde, s’encabrita, s’ei decir a verdá, t’apegas, m’amola, m’atrevo, m’acordo, ch’había). Al apostrofación da preposición pra delantre da vocal a dáye como solución gráfica pr’ (pr’atopar, pr’aquela, pr’alí, pr’aculá) anque nun par d’ocasóis, que pintan equivocos tipográficos, usa outra máis arrevesada (p’ralcacel, p’rarriar). Tamén ás veces apostrofa pra delantre d’outras vocales (pr’outro, pr’eiste). Apostrofa a preposición en condo vai delantre de vocal (n’ela, n’ese, n’algún, n’América). 

Nun aveza a representar a contracción que se dá na fala entre a preposición con y os artículos a, el, os, as (escribe con a, con el, con os, con as). Outras veces si lo fai, anque grafiándolo cua apostrofación (c’os, c’ol, c’oas) y non sólo con artículos senón tamén con demostrativos ou indefinidos (c’oesas, c’unha). Aga nun caso (po lo menos), nun representa a contracción da preposición por cos artículos (por a, por el, por as)

Pr’acabar con este apartao, hai que señalar qu’esa tendencia al apostrofación llévalo ás veces a apostrofar en casos qu’hoi poden pintar innecesarios anque reflexen un fenómeno de fonética sintáctica evidente (entre, y’al subir, y’os calcaños, entr’él, entr’un, chama a’tención, x’hay ben anos). Tamén hai veces qu’apostrofa de máis (que n’un se confundan, d’esque, que y’es axuden) (12). 

Sela nun xunta os artículos a y os (a os meus fiyos) y condo lo fai é pra reflexar el zarramento que se dá por causa del xuntoiro vocálico (por qué recoirola non quitan ous veyoucos). 

CRITERIOS PRA ESTA EDICIÓN 

Nel sou sistema ortográfico máis ben intuitivo, Sela resolve cua apostrofación as contraccióis que se dan na fala anque non sempre dafeito nin d’un xeito coherente. Tampouco sabemos se a mao del tipógrafo pode tar detrás de dalgúas d’esas incoherencias ou d’esa falta de sistema. Por eso decidimos regularizar a cuestión das apostrofacióis y as contraccióis d’acordo á Proposta de normas ortográficas y morfolóxicas del gallego-asturiano (13). En consecuencia, dal gúas das apostrofacióis de Sela convirtímolas en contraccióis pr’axeitarse a os criterios ortográficos actuales (por exemplo, da, dos, das, nel canto de d’a, d’os, d’as ou nel, ne la, nesa, nesta, nos, nel canto de n’el, n’ela, n’esa, n’esta, n’os). Tamén contraemos as preposicióis con y por cos artículos a, as, el, os, anque Sela namáis avece a xuntallos cua primeira d’ellas. Apostrofamos sistemáticamente de, me, te, se, che y que delantre de vocal y pra delantre de vocal a, avezo que, como xa espuxemos, tía tamén el noso escritor. 

Nos relatos publicaos nel periódico El Aldeano, Sela usa el condicional se, anque ás veces escápaseye el castellanismo si, qu’é a forma qu’escribe nel relato que publica despóis da guerra en Las Riberas del Eo. Regularizamos a forma se por consideralla a máis correcta. 

Tamén nesta edición se xeneralizou a distinción non/nun anque, dalgúas veces, sobre todo nel relato “Os Santurróis”, como xa dixemos, s’escriba a negación dos dous xeitos indistintamente (por que non nos esqueice, pra que n’un se confundan). 

Siguindo os criterios da ortografía actual, amañamos en -i as terminacióis qu’escribe con -y, anque hai que dicir que Sela tamén en dalgúa ocasión usa -i (haivos, iOi!). 

Corrixíronse as erratas y faltas evidentes (vaxaron, equibocan, he nel canto da forma verbal é—), púxose el hache ás formas ausiliares d‘haber qu’aveza a escribir sin ella (ei de chamala, ei decir a verdá, nun ch’abía), regularizóuse el acentuación y tamén dalgús fallos na puntuación. Outros detallíos d’escritura que nun reflexemos nel texto d’esta edición peró que nos pareza que merezan señalarse hanse a poñer en nota a pé de páxina entre comías. 

Seique con estos amaños – volvemos allo: namáis de mena ortográfica – el texto queda máis coherente y gracioso de ller y aforrámosye al llector ou llectora a impresión, ás veces caótica, que dan os textos periodísticos d’aquellos tempos, chíos sempre d’erratas. Eso si, nin quixemos tocar nel léxico nin nas vacilacióis que se dan nel vocalismo átono. A quen quira einda mirar máis al detalle estos relatos de Sela sempre ye queda acudir á hemeroteca. 

Os escritos del tío Pepe reflexan ben a fala da marina máis occidental a empezos d’esta centuria y, polo tanto, é inevitable qu’a fala tía entrevenada de palabras y espresióis castellanas (cierto, aprovechar, cuentas, gobierno, viajes, luna, genealogía, cosecha, derecho, a su debido tiempo, Bien venido, s’amano viene, buenas noites, Y bueno, nía). Únicamente condo el escritor usa úas veces a palabra autóctona y outras el alóctona (boa/buena, bos/buenos, ano/año, nun/no) – y namáis se nun lo fai dentro d’úa frase feita ou d’úa espresión castellana -, entoncias si regularizamos esa vacilación escoyendo sempre a forma autóctona. 

Anque en muitos casos Sela usa castellanismos pra os que, einda hoi, se conoz na zona úa forma patrimonial viva na fala, nun quixemos sustituir esos términos porque taría malo de determinar sempre el qu’é castellanismo ou nun lo é y íbamos convirtir a edición d’estos escritos de Sela nun exercicio filolóxico por demáis. Así y todo, condo la téñamos constatada, poñemos en nota a pé y en cursiva a forma autóctona correspondente anque, por fer menos arrevesao el texto, sólo lo aseñalamos a primeira vez que pareza a palabra en cuestión.

. . . . . .

  1. Quero estimar dende aquí a gracia posta pola bibliotecaria de Castripol, Manuela Busto Fidalgo, prá consulta dos fondos da hemeroteca da Casa da Cultura, así como a Marta Marinero Bermúdez por ferme chegar os númaros que me restaban por atopar.
  2. Uas veces escrito d’este xeito y outras como “El tíu Pepe”, reflexando el zarramento da o final que se dá na fala condo vai precedida d’úa vocal acentuada. 
  3. Xa fixemos un repaso da producción escrita en gallego-asturiano nel periódico El Aldeano nel artículo “Alejandro Sela y outros escritores en gallego-asturiano nel periódico El Aldeano de Castripol (1929-1933)” (Actas das Primeiras Sesióis d’Estudio del Occidente. Castripol, 8 d’agosto de 1998, Academia de la Llingua Asturiana, Secretaría Llingüística del Navia-Eo, Uviéu, 1999, pp. 59-66.). El máis d’esta introducción volve alló nel que se dixo naquel artículo. 
  4. El Aldeano, no 38, 30-4-1931
  5. El Aldeano, no 47, 15-9-1931.
  6. “Los «currillos»”, La Biblioteca, no 1, xeneiro-febreiro, 1934, pp. 19-20.
  7. Ibid., p. 17. 
  8. La Biblioteca, no 2, 1934. Dizse tamén na nota que Sela xa ten recogidos un bon feixe d’ellos. 
  9. Diz a noticia: «Para mayor exactitud, es preferible que los den por escrito y que cada refrán – transcrito con la mayor fidelidad – vaya acompañado hasta donde sea posible, de los siguientes datos:
    • a) trozo de conversación en que se ha oído, o a propósito de qué se ha dicho;
    • b) qué se quiere significar con él;
    • c) si se sabe algún dato de su antigüedad;
    • d) a quién se le oyó en conversación;
    • e) lugar en que se oyó o se usa;
    • f) si es propio del lugar o importado y en este caso, cómo se suele decir en la comarca;
    • g) fecha en que se oyó y nombre del que lo envía;
    • Esperamos que esta iniciativa sea acogida con interés por todos, y muy especial mente por los labradores jóvenes que se agrupan en torno a nuestras Bibliotecas: la era de bienestar y de cultura que está en sus manos dar a nuestra tierra, tiene que empezar por pequeñas tareas de esta índole, en las que nuestro pasado se examine y valore con un criterio moderno, para sacar de él las directrices del porvenir». La Biblioteca, no 2, marzo-abril, 1934, pp. 10-11. 
  10. L. Castañón, Refranero asturiano, (2a edición aumentada), IDEA, Uviéu, 1977, p. 15. 
  11. Nun recorte d’El Aldeano que conservaba Alejandro Sela unde taba el sou relato titulao “Cuento”, derriba da palabra «cando” del orixinal escribira úa “u” pra que trouxera “cuando”. É úa proba máis de que sempre s’escapaba dalgúa errata, neste caso úa «adaptación” á fala de Ribadeo. 
  12.  Alejandro Sela, bon observador da fala dos veyos, repara en muitos detalles fonéticos ben interesantes qu’él tenta de reflexar na escritura. Por exemplo, dalgúa vez quer amostrar el zarramento da vocal final de que al atoparse con outra vocal tónica (lo qui’e), fenómeno que se dá ás veces nel canto de producirse a contrac ción das dúas vocales núa (“lo qu’é”). 
  13.  Proposta de normas ortográficas y morfolóxicas del gallego-asturiano, Serviciu de Publicaciones del Principau d’Asturies, Uviéu, 1993. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *