ENTRAMBASAUGUAS. A Revista del Navia-Eo. Nº 7. Invierno 1998. Sobre Alejandro Sela

Uncategorized

ENTRAMBASAUGUAS. A Revista del Navia-Eo. Nº 7. Invierno 1998. 1931: En Castropol piden un Estatuto pr’Asturias

Por Xosé Miguel Suárez Fernández

Nestos tempos que tanto se fala del Estatuto d’Autonomía d’Asturias, que tanto se discutíu da súa reforma y d’hasta únde se reforma, nun ta de máis recordar que na mesma esquina occidental d’Asturias, alló en Castropol, un par d’homes, mozos daquella, dende as páxinas del periódico El Aldeano, pidiron un Estatuto d’Autonomía pr’Asturias.

El peteiro de Castropol

El periódico castropoleño El Aldeano, fundao en 1929, nun salira da nada senón qu’era el resultao del interés d’un peteiro de xente nova con afán de cultura, progreso y llibertá prá súa xente, pra úa población, al cabo, mayormente llabradora. Anos antias, en 1922, nacera a Biblioteca Popular Circulante de Castropol que, da maó d’este grupo de rapaces agayosos, ha chegar a ampliar as súas actividades a campos tan novos daquella como a difusión del folclore, a investigación filolóxica, el guiñol pra os nenos, el “teatro aldeano”, as charlas culturales entre os llabradores…

¿Quén eran esos rapaces? Había de todo – dalgús hasta nun eran tan novos – peró os máis d’ellos eran xente acomodada con estudios universitarios. Habíalos de todas as ideoloxías: agrarios, radical-socialistas, republicanos máis ou menos moderaos peró todos tían úa idea de progreso y muito agayo por cambiar as cousas.

Vicente Loriente Cancio y Manolo Marinero, qu’eran el alma del grupo y del periódico, Antonio y Ricardo López, Agustín García Carrañolo, Alejandro Sela, José Díaz Fernández Pepiyo, Franco F. Prieto, J. Ramón Muiña, Ramón Martínez, Paco Marinero, os ermaos Penzol… Peró de seguro qu’íbamos esqueicer xente porque había un peteiro d’ellos que colaboraban dende a distancia, de ralo en ralo ou condo chegaba el brao y podían vir de Madrid, unde estudiaban muitos.

(…)

Úa Asturias aldeana

El agrarismo, a conceición d’úa Asturias “aldeana” que representa os miyores valores del ser humano, ta debaxo de todas as ideas d’estos mozos, anque son Manolo Marinero y Claudio Penzol os que máis escribiron sobre eso. Nel mesmo númaro unde se publica el artículo “Hacia la organización de Asturias”, dáse noticia tamén da formación dúa agrupación nel conceyo col nome de «Juventud Campesina» que ten como misión interesar á moceda en problemas da vida rural como a enseñanza y cultura popular, hixene, goberno local, etc., ademáis dos asuntos propiamente agrícolas como el cultivo, el comercio, as sociedades agrarias ou el fomento del cooperativismo. Outro interés del asociación é el de “difundir el folclore regional, en cuyo aspecto se propone desarrollar una labor de intensa asturianización”. A comisión organizadora d’este grupo ta formada, cómo non, por muitos d’esos mozos que tán detrás del periódico: Agustín García, Vicente Loriente, José Ramón Muiña, Alejandro Sela y Fernando Piñeirúa.

En dellos d’artículos publicaos en El Aldeano, Manolo Marinero defende úa concepción ideal del mundo rural asturiano, intensivo y familiar, qu’opón a úa economía industrial mundial basada na esplotación dos países consideraos inferiores. Pra eso pide úa autonomía completa porque el Estao nun ye brinda al llabrador máis que contribucióis y servicio militar obrigao pra lluitar en guerras motivadas por intereses económicos das grandes industrias. Y el qu’é pior, despóis d’esa sangría, as escolas, os hospitales, as bibliotecas, os museos… fainse na ciuda.

(…)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *