ENTRAMBASAUGAS. Abril 2000. El Houcha

Uncategorized

ENTRAMBASAUGAS. Nº 13. Abril-2000. El Houcha. El Mondongo. 

Volvemos al periódico fundamental pra conocer cóndo empezaron de verda Os primeiros proyectos pra valorar a nosa fala: El Aldeano de Castripol. Y condo dicimos En Aldeano tamen dicimos a Biblioteca Popular Circulante Xa falamos en númaros anteriores del labor que fixeron el peteiro de mozos que taban vinculaos a estas duas asociacions pr’achegarse a cultua tradicional y trabayar na sua difusión 

Ún d’estos mozos era Alejandro Sela, que fora nacido en Vilavedeye (Castripol) en 1911. En acabando en Madrid os estudios de perito agrónomo, empezóu a publicar articulos sobre ganadeiría y agriculturla en El Aldeano. Era la miyora das condicióis de vida del labrador ún dos esmolementos da Biblioteca Popular Circulante y el periódico nun se chamaba asina de casualida. En 1930, con decinove anos, Sela xa empeza a escribir tamên artículos en gallego-asturiano, anque col alcuño de «El tío Pepe». Gracias a estas colaboracióis de ralo en ralo, temos un repaso muito bon dalguas das épocas del ano ben interesantes dende el punto de vista etnografico: Os santurrois, el mondongo, os caleiros, os esfoyóis, os casamentos, etc. Y, el qué mais importante, un mañuzo ben guapo d’articulos periodísticos na nosa fala. 

Dende Vilavedeve Sela axudóu nel llabor da Biblioteca tentando d’amañar alli úa seccion y fendo él mesmo dalgúas actividades como organizar sesióis de lectura de contos populares asturianos pra os sous vecios. Tamen axudaba nas actividades que se fian na villa de Castripol, por exemplo, actuando col bibliotecario d’alli, Agustin Garcia, na estrena del obra de guinol Xan da xata, na que foi a primeira representación con esta técnica teatral que se fexo na zona. Publicamos aqui el articulo d’Alejandro Sela titulao «El mondongo», que saliu un 30 de decembre de 1931 nel n° 54 d’El Aldeano. Faltanye acentos, sobran apostrosacióis y ten dalgún qu’outro equivoco, pero é normal: habia pouco ou nengún avezo d’escribir en gallego-asturiano y, xa eran muitas as erratas en castellano, al tipógrafo debianseye escapar agora muitas máis. Así y todo, publicámolo tal como saliu.

…/… El Mondongo

REAL ACADEMIA GALEGA. 7-9-2015. A Xeración galegoasturiana de 1936 (e II)

Uncategorized

REAL ACADEMIA GALEGA. 7-9-2015. A Xeración galegoasturiana de 1936 (e II)

Por, Xoán Babarro González

Os estilos literarios dos compoñentes deste grupo rexistran, no ámbito comarcal, uns trazos innovadores que os diferencian de autores vivos do Rexurdimento como poderían ser Conrado Villar Loza ou Antolín S. Mediante Ferraría. Nos novos xa albiscamos a pegada do modernismo, das vangardas poéticas e unha maneira diferente de contemplar o costumismo e o ruralismo.

Alejandro Sela, prosista que mantivo correspondencia con Otero Pedrayo, asinou cos pseudónimos «Fulano de tal» e «El tío Pepe» (o tipo popular que tamén dá nome ao quincenal fonsagradino O tío Pepe) unha serie de narracións sobre temas etnográficos e de costumes («Os santurrois», «El antroido», «El mondongo», «Os esfoyois», «El varexador», etc.) nas que é totalmente fiel ao sistema dialectal familiar, mesmo en formas con dobre opción fonética como non e nunvellos e veyoscando e cuandopara e prapra este e preiste ou no uso doutras minoritarias como a conxugación sobre feir (faer «facer»).

…/…

Por máis que, contemplados no seu conxunto, puider parecer escasa a súa produción, coidamos que son catro autores que manteñen acesa a musa vernácula e que, só por iso, merecen un particular recoñecemento e máis visibilidade nos dezaoito concellos galegoasturianos.

REAL ACADEMIA GALEGA. 24-8-2015. A Xeración galegoasturiana de 1936 (I)

Uncategorized

REAL ACADEMIA GALEGA. 24-8-2015. Xeración galegoasturiana de 1936 (I)

Por, Xoán Babarro González

A o longo desta década estanse cumprindo os centenarios do nacemento de moitos autores que X. L. Méndez Ferrín clasificara en De Pondal a Novoneira (Xerais, 1984) dentro da Xeración de 1936. De igual xeito, tamén conta o século para os galegoasturianos que agrupamos en Évos un amaicer guapo (Universidade de Vigo, 2007) baixo a mesma denominación; a pesar de responderen só parcialmente aos supostos contemplados por Ferrín e mostraren trazos que os singularizan como grupo. Desta póla galegoasturiana queremos lembrarnos de Alejandro Sela García (Vilavedelle, 1911 – Navia, 1982), Amador Fernández Mejeras (Ribadeo, 1913–1971), Francisco Fidalgo Villaveirán (El Franco, 1913 – Oviedo, 1998) e Ovidio Martínez Álvarez «Ovidio de Queipo» (Boal, 1915–1945), uns autores que viven nunha área xeográfica onde a lingua galega non gozou da progresiva unificación da escrita nin tivo un papel relevante na súa reivindicación a nivel comarcal.

Para aproximármonos á súa obra convén que nos distanciemos do momento presente, tan dirixido por organismos e institucións das dúas autonomías e tan condicionado por posicionamentos políticos de signos diversos. Cómpre situármonos nunha época en que as xentes da cunca do Eo e terras veciñas estaban unidas por lazos afectivos, económicos e de costumes, sen a presenza de elementos autonómicos xebradores. Neste «viejo condado de otro tiempo o minúsculo reino», como diría Álvaro Fernández Suárez, soportábase a miúdo o arredamento das respectivas capitais de provincia. Eran tempos nos que o orgullo de ser de Asturias non impedía manifestar a admiración por Galicia e o sentirse dentro da súa esfera lingüística e cultural; «en geografía, folklore, idioma, etc., etc., poco o nada nos diferenciamos de Galicia los asturianos occidentales» (El Aldeano, nº 89, 15-VI-1933).

Esa admiración aflora incluso en confesións sobre aspectos político-administrativos, como se deduce da crónica dunha representación en Castropol d’O pazo de M. Lugrís Freire, na que se manifesta que «para remate, se cantó el Himno Gallego, que fue escuchado de pie, como obligada cortesía a nuestros vecinos (y con más emoción, por algunos ‘irredentos’ simpatizantes)» (El Aldeano, nº 91, 15-VII-1933). Fidalgo chega a disertar en 1958, nun ciclo de conferencias organizado por Educación y Descanso no Hogar del Productor de Tapia de Casarego, sobre a quinta provincia galega no occidente de Asturias, punto tamén abordado nunha entrevista no nº 25 d’El Faro de Tapia (7-I-1958).

Coñecidos e amigos, e tocados polo activismo cultural das Misións Pedagóxicas e da Biblioteca Popular Circulante de Castropol, estes mozos participaron en diversos actos literarios, na divulgación da lectura, colaborando en xornais e mesmo contribuíndo na súa fundación. Sela publica en El Aldeano de Castropol; Fidalgo e Mejeras, en Atalaya das Figueiras, e os catro (varias veces coincidindo dous no mesmo número), no ribadense Las Riberas del Eo.

Os seus escritos atópanse espallados por publicacións varias, circunstancia que, unida aos inéditos e extraviados, ten dificultado o seu coñecemento. Hoxe en día, para a prosa de Sela contamos coa edición de X. Miguel Suárez, El Tío Pepe. Colaboracióis periodísticas en gallego-asturiano (1931-1948) (Academia de la Llingua Asturiana, 2000). Á poesía de Mejeras podemos aproximarnos a través da escolma de Félix Villares en Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da Diócese de Mondoñedo-Ferrol (Biblos, 2007) ou do número de Amencer que lle dedicou ao poeta o Seminario de Santa Catalina en 2013. Tamén temos no prelo unha edición coa obra de Fidalgo e esperamos que o centenario de Queipo nos depare algo similar.

Os catro autores, a pesar de utilizaren a lingua do país na década de 1940, encontraranse mediatizados, como tantos coetáneos, pola nova situación política, que influirá en que Sela e Fidalgo afrouxen o cultivo literario, en que opten maioritariamente polo castelán e mesmo, como fan Queipo e Mejeras, en que asinen afervoadas loas ao novo réxime.