REAL ACADEMIA GALEGA. 7-9-2015. A Xeración galegoasturiana de 1936 (e II)

Uncategorized

REAL ACADEMIA GALEGA. 7-9-2015. A Xeración galegoasturiana de 1936 (e II)

Por, Xoán Babarro González

Os estilos literarios dos compoñentes deste grupo rexistran, no ámbito comarcal, uns trazos innovadores que os diferencian de autores vivos do Rexurdimento como poderían ser Conrado Villar Loza ou Antolín S. Mediante Ferraría. Nos novos xa albiscamos a pegada do modernismo, das vangardas poéticas e unha maneira diferente de contemplar o costumismo e o ruralismo.

Alejandro Sela, prosista que mantivo correspondencia con Otero Pedrayo, asinou cos pseudónimos «Fulano de tal» e «El tío Pepe» (o tipo popular que tamén dá nome ao quincenal fonsagradino O tío Pepe) unha serie de narracións sobre temas etnográficos e de costumes («Os santurrois», «El antroido», «El mondongo», «Os esfoyois», «El varexador», etc.) nas que é totalmente fiel ao sistema dialectal familiar, mesmo en formas con dobre opción fonética como non e nunvellos e veyoscando e cuandopara e prapra este e preiste ou no uso doutras minoritarias como a conxugación sobre feir (faer «facer»).

…/…

Por máis que, contemplados no seu conxunto, puider parecer escasa a súa produción, coidamos que son catro autores que manteñen acesa a musa vernácula e que, só por iso, merecen un particular recoñecemento e máis visibilidade nos dezaoito concellos galegoasturianos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *