Publicado en: EL TÍO PEPE (2000)
Qué tía Marica: muito m’acordo d’ela. Condo, de neno, la conocín, xa era veya, ben arrugada, pero fresca y colorada como unha mazá qu’esqueicéu nel roupeiro. Tía os oyos vivos y boliceiros, y as maus alargadas y lixeiras.
Vivía al pé da fonte. Tía unha casía que ye deixara súa madre con algo máis d’un cuarto de terra d’horto. Esa casía taba case cuberta pol ramaxe d’un castañeiro y cerca había máis castañeiros, nogueiras y algún loureiro. Nel horto había unha figueira de San Miguel y unhos cuantos pesegueiros. Alí labraba ela patacas, berzas, cebolas y algunha cabeza d’ayo.
Desde que morira súa madre – xa había muitos anos – a tía Marica vivía sola. Nin siquiera tía parentes. Pero vivía en compañía, unde poñía os sous cariños, de dúas ou tres oveyas, un cochín y media docena de galías. Nun tía gato nin gata. Os ratos matábalos con cabezas de cerilla metidas nun faraguyo de toucín.
Era madrugadora a tía Marica. A primeira cousa que faguía, al erguerse, era ir al agua. Y despóis faguía el sou cafetín, y almorzaba. Y así, sin máis, íbase al monte, d’unde traía un garelín de leña na cabeza. Y nel mandil podas, carqueixas ou queirotas, según.
Y lougo, se taba día, íbase pral camín real coas oveyias, alindalas. Tía que valerse así porque ela nun tía prados. El herba dos camíus sempre foi probe, pequena, pero as oveyas acércanse muito á terra coa boca y rapenan todo. Y mentras tanto ela filaba lá y rezaba.