SIN TÍTULO. Revista infantil «El Trasno»

Inédito, Teatro Aldeano

Publicada en: Inédita. Incluida en el libro, EL “TEATRO ALDEANO» DA BPCC (1929-1934). Editorial Ámbitu. 2009. Xosé Miguel Suárez Fernández. APÉNDIZ 3, Pág. 295-299.

Autor: Paco Marinero (con la colaboración de Vicente Loriente).

Traducción al galego-asturiano de: Alejandro Sela.

Texto inédito pra úa revista infantil da BPCC (1)

¡Jujurujú! Aquí tou eu col meu vestido y el meu pucho colorado, dando carneirolos, ¡ji, ji, ji! Parezo un cabrito saltando. Xa sei que todos me conocedes, pero einda me gusta falar algo de min. Nun son home nin neno, senón un ser extraordinario que nunca se ve veyo. Son máis carrizo qu’el máis pequeno de vosoutros y, anque no lo creades, son tan poderoso que fago lo que se m’antoxa. Pódome trasformar nel que quira: lo mismo nun caldeiro veyo, qu’en alparagata comida dos ratos, qu’en burro ou en vaca, ¡ji, ji, ji! ¡Cóntas zampayadas tein levado muitos que se montaron en min pensando qu’era un burro como outro cualquera! Podo desaparecer, feir que nun me vexa naide y saltar distancias lamar de grandes; nun peso nada pero si alguén me coye, empezo a aumentar de peso hasta que lo aplasto como unha tortiya. A todos vosoutros vos teño revolto os trastos y as patacas que tedes pol desván (pode qu’haya algún que s’acorde) y por eso mismo ouguiríades falar de trasnadas.

Pero bueno, teño mala fama de máis entre os qu’hoi son veyos y quero que mañá, condo lo séñades vosoutros, conservedes de min un bon recuerdo. Por eso penséi en contarvos, unha vez qu’outra, algunhas das muitas cousas qu’aprendín na mía larguísima vida. ¡Y tan larga! Como que si nacín algunha vez xa m’esqueicéu; nun debo ter comenzo nin acabo; vivín en todas as épocas; condo vivían vosos padres, vosos abolos, vosos bisabolos, vosos tatarabolos, era eu lo mismito qu’agora, y xa nun conocía a mía madre; y seréilo condo vosoutros séñades xa veyos y condo lo señan os vosos fiyos, netos, biznetos, tataranetos y tataratatara…belo (2) de gaita. Bueno, mocosos, ouguídeme si queredes y aprenderedes muitas cousas guapas. Escuitái (3). Escuitái vos volvo a decir (4).

Desde qu’el mundo é mundo, qu’eu creo lo foi sempre, houbo cegos como houbo personas d’esas que nun ven máis pr’aló das súas narices, anque nun usen siquiera antiparras. Y desde qu’el mundo é mundo os cegos botáronse a pedir por esas carreteras de Dios (5), unhos porque nun podían trabayar y outros aprovechándose de serlo (6) pra nun doblar el lombo. Xa ora, qu’agora os cegos que queren len y trabayan (7) como cualquera que teña vista y quira ler y trabayar, que nun son, nin con muito, todos os que poden. Pero, en fin, el caso é que sempre foron os máis andaríus. Y de tanto mundo corrido así saliron elos de sabidos y corridos. Ouguide, según un pícaro d’elos (8).

 LOS MANDAMIENTOS DEL POBRE (9)
 
Los mandamientos del probe son seis:
El primero: El probre anda pidiendo.
El segundo: El probe anda desnudo.
El tercero: Ni come carne de vaca ni de carnero.
El cuarto: Nunca se ve harto.
El quinto: Ni bebe vino blanco ni tinto.
El sexto: Cuando pide con un fuelle, cuando con un cesto.
Estos seis mandamientos
se encierran en dos
¡en matar pioyos y pulgas
y pedir por Dios!

EL REZO D’UN PROBE

Un probe d’estos foi a pedir pousada a unha casa y déronya. Era nel tempo de San Martín y os amos da casa taban cocendo morciyas.

Al probe deixáronye dormir na cocía. Y a altas horas da noite, deu en mascullar como se rezara. El ama da casa púxose a escuitar y ouguíuye decir:

¡Angelus, angelus!
Todas comigo son
menos el Espíritu Santo
que no me cabe nel zurrón.

Á muyer, qu’era medio fata, sonóuye aquelo a latín, y acompañábalo al outro dándose golpes de pecho. Y díxoye al sou home:

—Muito reza el probe. ¡Qué bueno parece!

Pero el home roncaba máis qu’el órgano da iglesia. Y pola mañá viron qu’el probe levara todas as morciyas menos el buchelo (10), porque nun ye coupo nel zurrón.

Hailos que se dedican a contar por ei, nas ferias, romances, que son como cuentos en verso y recítanlos mentras golpían un cartel unde teñan pintada a historia. Son de verdá condanadas esas historias y cantan d’un modo que dá noxo ouguilos; pero antiguamente, en vez dos cegos, como agora, iban polos pueblos cantando romances mui guapos, de verdadero mérito, por rapaces ben vestidos con trajes de colores y que tocaban que daba gusto ouguilos. D’aquelos tempos é este da «Condesita» que, como recordaredes, representáronla nel teatro os actores da Biblioteca (11).

LA CONDESITA

(…)

Seguramente vos gustóu ous que lo vistes y ouguistes máis qu’os carteles dos cegos de feria.

Y xa que falamos de cegos, y pr’acabar, cópiovos aquí algo que seguramente sabedes pero que lo mismo vos puido esqueicer.

A PITA CEGA (12)

(…)

Y con esta despídome, pero lougo dou a volta.

Heivos seguir contando estas cousas si é que vos gustan. Condo menos lo pensedes, apareceréi de novo.

¡Jurujujú!


(1).- Nel archivo de Vicente Loriente consérvanse cuatro cuartiyas manuscritas de 15,9 cm x 22 cm escritas por Paco Marinero (PM) col que pinta ser el borrador d’úa revista infantil: danse instruccióis sobre el tipo de letra y déixanse espacios en branco pra completar col romance de La condesita y col que se diz nel xogo da pita cega. El texto ten correccióis feitas por Vicente Loriente buscando un vocabulario máis chao y cambiando os tempos verbales compostos. Úa parte titulada «Los mandamientos del ciego» déixala en branco Paco Marinero y pon a lapiceiro: «Copias algo de ciegos que haya por ahí, cuentos, pobres, etc.». Loriente cambía el título y pon «del pobre», y copia us mandamentos nel sito que deixara Marinero. Hai úa traducción al galego-asturiano feita por Alejandro Sela (AS) en cuatro cuartiyas de 15 cm x 20,9 cm que deixa tamén sin encher esos mesmos espacios. É el texto qu’aquí s’edita seguindo os mesmos criterios d’edición que pral teatro.

(2).- Núa broma típica del humor d’Alejandro Sela, traduz el «tatarataratataratataratatata… nietos» del orixinal por «tataratatara2 belo de gaita».

(3).- Aquí hai un párrafo d’AS que nun ta nel orixinal de PM y que despóis tachóu: «¡Arrenegado sea el demonio, que me picou unha pulga! (ráscase n’unha cacha). El demo mo perdone, que e meu sogro; arreneguei contra d’él por culpa d’esta condanada (por a pulga)».

(4).- Nos manuscritos —tanto en PM como en AS—, despóis d’este párrafo indicaban qu’el que vía a continuación tía qu’ir en letra «bastardilla», dato que deixa claro qu’era un texto pra publicar, igual que condo, máis alantre, hacía el acabo, el trasno diz: «Cópiovos aquí…»..

(5).- Sela amecera despóis outra frase: «digo, de meu sogro». Despóis tachóula, quizabes porque se podía considerar pouco al xeito pral público infantil al qu’iba dirixido.

(6).- AS: «serlo». Corríxolo por entender qu’é un equivoco.

(7).- Al traducir, Sela confúndese y usa el infinitivo («ler y trabayar») nestos dous verbos, condo nel orixinal taban na terceira persona. Amáñolo d’acordo col orixinal.

(8).- AS: «un pícaro de d’elos». PM: «un pícaro de estos». Esa repetición da preposición de pinta ser un descuido sin máis.

(9).- Aquí Sela deixa un espacio en branco col título namáis. Métense aquí os mandamentos que pon Loriente nel manuscrito de PM. Tán en castellano con dalgúas palabras en galego-asturiano. Tán recoyidos hai us anos nel conceyo de Castripol us ben aparecidos: «Sacramentos del probe: El primeiro, dormir por el suelo. El segundo, andar por el mundo. El tercero, comer pouco y andar descalzo. El cuarto, no comer ni gallina ni carnero. El quinto, no tocar blanco ni tinto. El sexto, morrer presto» (García García, 2006: 129).

(10).- AS metera aquí el aclaración de PM de qué cousa era ese embutido, el butiellu, según Aurelio de Llano —fonte d’unde sacara el conto (Llano Roza de Ampudia 1925, n.º 81)—, peró tachóula despóis. Os destinatarios d’este conto saberían de sobra qué era el buchelo.

(11).- Este dato sitúa as cuartillas núa fecha posterior al 24 de setembre de 1933, que foi condo se representóu.

(12).- Aquí cuntarían meter a cántiga que dicen os nenos condo xogan á pita cega.

XAN DA XATA (Teatro de Currillos da BPCC)

Obra de Teatro, Teatro Aldeano

Estrenada en: Teatro-Casino de Castropol el 7-1-1933

Publicada en: EL “TEATRO ALDEANO» DA BPCC (1929-1934). Editorial Ámbitu. 2009. Xosé Miguel Suárez Fernández. Pág. 151-160

Autores: Los hermanos Manolo y Paco Marinero

Traducción al galego-asturiano de: Dos traducciones: La de Vicente Loriente (cuyo texto está incluido en el libro de XMSF, con las acotaciones de la versión de AS) y la de Alejandro Sela (no disponible actualmente). Se incluye aquí, la del libro de XMSF.

(Van EL VEYO y XAN por un camin levando a xata.)

EL VEYO.- ¡Ei, Mareeela! (Sona a bocina d’un auto y a xata empeza a dar brincos. Pasa el auto ben rápido y a xata embístelo, el auto fai úa sésiga y escapa; a xata empeza entonces a embestir al VEYO y a XAN, que corren y berran; por fin puido sujetala.) Esta condanastra cualquer día acaba conmigo.

XAN.- ¿Non ve qu’éturrúa, ho? (220)

EL VEYO.- ¡Pos vai haber que véndela na feria de Silvayá (221), y axina, que se non cualquer día nos disgracia. Vaite p’aló, pero mira ben el que fais.

XAN.- Pos ¿qué vou faguer?

El VEYO.- Non digo nada, pero como tu es medio pampo (222), por eso advírtoche (223) que non te vayan engañar. (El VEYO vaise por un lado y XAN pol outro coa xata.)

(MUTACIÓN.)

(Tan tres ladrois falando muy xunta d’él.) (224)

1° LADRÓN.- Así é que xa sabedes el qu’hai que faguer pra engañar a Xan y quedarnos coa xata. Como é medio pampo (225), hemos engañalo mui ben. Ídevos, qu’ei vén. (Vanse os dous y queda el outro. Chega Xan.) ¡Hola, Xan!

XAN.- ¿Qué hai, ho?

1° LADRÓN.- ¿Vas pra Silvaya?

XAN.- Pr’aló vou (226).

1° LADRÓN.- Einda sacarás algo por ese burro…

XAN.- ¿Por cuál burro, ho?

1° LADRÓN.- Por ese que levas. (A xata empeza a embestir a XAN y al LADRÓN, que corren y berran.) Mira cómo s’ergue dos couces: tenye pol bocado; pouco che darán por él en Silvayá, que lo teis ben mal educado. Eu non che daría más de tres pesos.

XAN.- ¿Qué tas falando ei de burros si esta é a mía xata Marela?

1° LADRÓN.- (Rindo (227).) ¿Sí, eh? Xa cho dirán na feria. (Vaise. XAN y a xata siguen caminando (228))

XAN.- ¡Conque un burro! Taría ben! Unha xata gordía y grande como una casa.

(Chega el 2° LADRÓN.)

2° LADRÓN.- ¿Qué hai, Xan? ¿Onde levas ora ese burro (229)?

XAN.- Non é burro, qu’é xata.

2° LADRÓN.- Y’hasta serálo (230), pero a min parézme (231) un burro gris como a cinza; eu pensaba ofrecerche tres pesos por él.

XAN.- ¿Tolea ou qué (232)? ¿Tres pesos pola mía xata Marela?

2º LADRÓN.- ¿Xata, eh? ¡Xa cho dirán por ei! (Vaise.)

XAN.- ¡Me caso en na mar (233)! ¡Xa me dá que pensar que todos digan qu’é un burro el que levo (234)! ¡Si será el trasno que se quer rir de min…! Non, pos como outro mo diga, douyo pol que quira darme, qu’eu non quero bromas col trasno.

(Chega el outro.)

3º LADRÓN.- ¿Qué hai, Xan? ¿Levas el burro á feria?

XAn.- Siií, vou aló.

3º LADRÓN.- ¡Mui bon non é!

XAN.- ¡Tampouco é malo!

3° LADRÓN.- Douche tres pesos.

XAN.- Vamos deixalo en cinco.

3º LADRÓN.- Trato feito. (Danse a mau y el LADRÓN coye a xata pra levala. A xata berra (235).) ¡Bon rebuzno! ¡Algunha burra anda por ei!

XAN.- Andará. Bueno, adiós. (El LADRÓN tira da xata, que se revolve.) Xa verás a culada que levas condo montes nél. Vou seguilo para rirme un pouco da costalada (236). (Vaise. El paisaje corre. Oinse campaniyas y voces que cantan tristemente «ánimas del purgatorio». El LADRÓN párase; entra A SANTA COMPAÑÍA, encapuchados, tocando «Tilín, tilin, María, a Santa Compañía».)

A SANTA COMPAÑÍA.- Arrodíyate (237), pecador. (El LADRÓN arrodiyase.) Toma tu castigo, pecador (238). (Danye unha brega de palos y el LADRÓN queda queixándose, mentres A SANTA COMPAÑÍA se vai coa xata. Aparece XAN ríndose.) (239)

XAN.- ¡Xa che decía eu, qu’algo che tían preparado!

3° LADRÓN.- ¡Y’eso que decían qu’a Santa Compañía solo salía de noite! (240)

XAN.- ¡Sonche visióis que che pon el trasno! (241) (Vai cambiando el paisaje y elos quedan atrás. Aparece unha cova col cartel «Cova dos Ladróis». Á porta tán entrando os bandidos que fixeron a Santa Compañía, einda col mandilón, pero coas capuchas quitadas.)

EL CAPITÁN.- ¡Ben engañamos al probe payolo ¡rayos y truenos! A estas horas (242) tará pensando que vai morrer d’hoy nun ano. (Danye unhas palmadas nel ombro y a xata empeza a embestir; revuelo y gritos.) ¡Mala centella (243) te coma! (Por fin, sujétanla.) Vamos poñerye (244) el bastón d’anillado, qu’esta xata é turrúa. (Entran na cova; sale Xan.)

XAN.- ¡Ai, mía madría querida! ¡Qué fato fun, que non é burro, qu’é (245) xata! (Escóndese; salen os cuatro ladróis y EL CAPITÁN.)

EL CAPITÁN.- ¡A trabayar, rapaces! Tu, Fierabrás (246), irás vender a xata a Silvayá. Eu y Barbarroja iremos roubar á vila, y vosoutros, Ferragut y Solimán, quedaredes velando a cova con mil diantres (247). (Vanse EL CAPITÁN y os dous bandidos, un d’elos coa xata.)

SOLIMÁN.- Vamos velar, Ferragut: tu mira por ese lado y eu por este outro.

FERRAGUT.- Ta ben, Solimán. Al que s’acerque, cómoye el alma (248). (Ponse ún nun lado y el outro del outro coa estaca al ombro mirando pra fora. FERRAGUT ponse a cantar “La Adelita” (249); condo ta a media canción, sale Xan de detrás del árbol con unha estaca y dáye un golpe na cabeza y volve esconderse.) ¡Escrismóume (250)! ¡ Como me volvas a dar (251) col palo, cómoche el alma!

SOLIMÁN.- ¡Qué palos nin qué centellas! (Volven velar. Xan dáye un palo a SOLIMÁN y escóndese.) ¡Ois, tu, qu’eu non fun! ¡Como nun te tes quieto (252), douche d’alma!

FIERABRÁS.- ¿Quén, eu? ¡Mala centella te coma (253)! (Volven. Xan dá outra vez a FERRAGUT.). ¡Ah, canalla (254)! (Dá un palo a SOLIMÁN; este vólvese y danse unhos palos hasta que cain abrazados sobre el proscenio. Sale XAN ríndose.)

XAN.- Xa cayíchedes (255) dous. Heime levar os cuartos da xata y acabar con todos vosoutros.

(MUTACIÓN.)

(A cova dos bandidos. Al fondo, un armario con tres estantes. Chegan EL CAPITÁN Y BARBARROJA, cada ún por un lado.)

EL CAPITÁN.- Á Barbarroja (256), ¿roubache algo na vila?

BARBARROJA.- Sí, capitán, roubei este bolso de pesos en cas Doña Generosa, pero… ¡el demo nunca me leve!, tuven que vir correndo (257), que xa el cabo vía detrás. (Pon a bolsa nun estante.)

EL CAPITÁN.- Pos eu roubéi estos cuartos nel Hotel Argentina, despós fun a Abres pero, ¡así Dios me salve! (258), ¡salíronme os lataregos y tuven que escaparyes que perdía el cu (259)! (Pon a bolsa noutro estante. Chega FIERABRÁS.)

FIERABRÁS.- Aquí tou, capitán: vendín a xata y aquí tán os cuartos. (Pon a bolsa noutro estante.)

EL CAPITÁN.- Ta ben, Fierabrás.

FIERABRÁS.- Á porta espera unha moza qu’atopéi nel camín y ofrecéuseme pra criada.

EL CAPITÁN.- ¿Y qué tal mozúa é?

FIERABRÁS.- Ten bon ver.

EL CAPITÁN.- Diye que pase. (Vaise FIERABRÁS y volve Xan vestido de moza.) Si ouguides berrar, non fagades caso (260). (Vanse os bandidos.) (261)Á nía, ¿sabes cuáles son as túas obligacióis? (XAN fai un gesto pudoroso.) Pos eu chas aprenderéi. (Abrázala y dáye un chucho. Xan estixa (262), coye un palo y empeza a golpes con EL CAPITÁN.) ¡Auxilio! ¡Que me mata esta condanada (263)!.

XAN.- Eu non son doncella (264),/ que son Xan d’a Xata (265)/ que veño por os cuartos/ d’a Marela (266).

(Sígueye pegando hasta que cai EL CAPITÁN. XAN coye unha bolsa de cuartos y vaise con elos. Volven os bandidos.)

FIERABRÁS.- ¿Ouguiche, Barbarroja, cómo berraba a criada?

BARBARROJA.- Ouguin, Fierabrás. Pero ben que ye fixo calar.

FIERABRÁS.- ¡Me caso en el mar (267)! ¿Qué ye (268) pasa al Capitán? (Atanígalo.)

Manuscrito d’Alejandro Sela de Xan da Xata.

EL CAPITÁN.- ¡Aaaii!

FIERABRÁS.- Ta a morrer (269). Vai buscar un médico. (Vaise BARBARROJA y volve con XAN vestido de médico.)

XAN.- ¿Quén quer morrer aquí (270)? A ver ese pulso. Esto é que ten a espinilla cayida y teño qu’erguerya (271). Déixennos solos mentras ye fago a cura y, como teréi que mancalo, hace queixar (272). Aunque oigan berrar non fagan caso. (Vanse os bandidos. Xan pon dereto al CAPITÁN, coye a estaca y empeza a palos con él.)

EL CAPITÁN.- ¡Ai, señor médico, que me mata!

XAN.- Eu non son médico
nin son donceya,
son Xan d’a Xata
que vén polos cuartos
da súa Marela.

(Sígueye pegando hasta que cai EL CAPITÁN, coye outra bolsa y vaise. Volven os bandidos.)

BARBARROJA.- ¿Ouguiche, Fierabrás? Estos ceruxanos son el demo pra mancar a ún (273).

FIERABRÁS.- ¿Qué tal vai, señor Capitán?

EL CAPITÁN.- ¡Aaaaai! Tou morrendo: meyor sería que chamásedes al cura pra confesarme (274). (Vaise BARBARROJA y volve con Xan vestido de cura.).

XAN.- ¿Quén me chama? Agora vou confesalo. Deixádeme solo con él y’anque oígades berrar nun fagades caso que será el demo que saldrá amolado por non levar un alma tan preciada (275). (Vanse os bandidos. XAN pon dereto al CAPITÁN.) Ta ben, fiyo, empeza a confesión. ¿Roubache algúa vez unha xata?

EL CAPITÁN.- Sí, señor cura. (Xan coye a estaca y empeza a palos.)

XAN.- Eu non son cura,/ nin son médico,/ nin son doncella;/ son Xan d’a Xata/ que vén polos cuartos/ da súa Marela. (Sígueye pegando hasta que cai. Coye el outra bolsa y vaise con ela.) Non, lo qu’é (276), ben cuartos saquéi da xata; xa nun dirá meu padre (277) que son fato.

(Chegan os bandidos.)

FIERABRÁS.- ¿Ouguiche, Barbarroja? Muito debéu sufrir el demo.

BARBARROJA.- Mira el Capitán; coyeuye (278) un desmayo. Vou reanimalo con un xarro d’agua. (Coye un xarro; bótayo por enriba. EL CAPITÁN levántase furioso.)

EL CAPITÁN.- ¿Quen e el fiyo de puta que así falta al respeuto al sou capitán?; ¡Que morro me vexasi non vos mato a todos (279)! (Levántase, coye unha estaca y empeza a palos cos bandidos. Gritos y

TELÓN.)

____________________

220.- Alejandro Sela (AS): “¿Pois no la ve que e turroa?”.

221.- AS: “Pensei que nun era tanto; nun vou ter mas remedio que véndela na feira de Silvayá”. Nel manuscrito de Vicente Loriente (VL), tría primeiro «feira» peró correxíulo despóis. A Silvayá, ou Sirvayá, era un mercao de gao, sobre todo de cabalos, ben conocido en toda a contornada y que se fía na Carreira de Lantoira, na parroquia de San Xuan, debaxo da capiya unde se fai a festa. Agradézoye a Felipe Martínez Vinjoy, de Cas el Gobelo (El Valín), esta y outras aclaracióis sobre dalgús topónimos dos alredores qu’aparecen nas obras.

222.- AS: “payolo”.

223.- AS. “por eso che advirto”.

224.- AS: “Tan tres ladrois falando muy xunta d’él”.

225.- AS: “Palurdo”.

226.- AS: “Camin d’aló vou”.

227.- AS: “rindose”.

228.- AS: “andando”.

229.- AS: “¿Onde vas con ese burro?”.

230.- AS: “Y’hasta lo será”.

231.- AS: “paréceme”.

232.- AS: “Sei que tolea!”.

233.- AS: “Me caso en ningún diez”.

234.- AS: “lo que levo”.

235.- AS: “breca”. Nun ta documentao el verbo brecar berrar (a vaca) nel galego-asturiano, anque si nos diccionarios de galego.

236.- AS: “Vou ir tras d’el para rirme un bon pedazo a sua costa”.

237.- VL: “arrodíllate”. Tamén AS lo escribe así a primeira vez, peró pinta ser un descuido, poruqe na acotación xa lo escribe con y”.

238.- AS: “Toma el tou castigo, pecador”.Anque Sela fai falar á Santa Compañía en galego-asturiano, a traducción de Loriente déixase levar pola actitú diglósica y pon as palabras del aparición en castellano.

239.- VL: “lo brean a palos y el ladrón queda quejándose, mentras a Santa Compañía se vai c’oa xata. Aparece Xuan rindo”.

240.- AS: “Y’eso que decían que a Santa Compañía nun salía namais que a noite”.

241.- as: “Todo son figuracióis del trasno”.

242.- AS: “Ben engañamos al probe payolo ¡rayos y truenos! Eistas horas tará pensando que vai morrer d’hoy nun ano”.

243.- AS: “centeya”.

244.- AS: “poñerlle”.

245.- AS: “qu’ie”.

246.- VL pon “Ferabrás”, peró condo máis alantre volve al personaxe escribe sempre “Fierabrás”.

247.- AS: “con mil pares de demonios”.

248.- AS: “comoye as entrañas”.  

249.- AS: “alguna canción mejicana d’esas de tiritos”. Cambíase a frase pola indicación máis concreta da versión de Loriente, que cita qué canción ten que ser.

250.- AS: “¡Cornos de Barrabás!”.

251.- AS: “Como me volvas dar”.

252.- AS: “Como nun te teñas quieto”.

253.- AS: “Tripas de satanas”.

254.- AS: “Ah, canaya”. Efectivamente, canaya é na fala da zona con y, aunque nun s’usa en galego-asturiano neste sentido castellano de “ruin”, senón col sentido de “xente miuda, de pouco aprecio”.

255.- Esta forma hipercaracterizada da 2.a persona del plural del perfecto dáse en galego (FERNÁNDEZ REI 1990: 90). Alejandro Sela, así y todo, usa na súa versión a forma habitual en galego-asturiano: “cayestes”. 

256.- Sela abre a intervención del Capitán con úa interxección: «Dentes de tabairón». 

257.- AS: “roubei esta bolsa de pesos n’a casa de doña Generosa pero ¡por as barbas d’un can! Tuven que vir correndo”. 

258.- AS: “por San Balandrán!”. 

259.- AS: “tuven que escapar feito un rayo”.

260.- AS: “Esta mozúa pareceme algo brava y pode que nun se me dia al primeiro invite; s’ouguides, nun fagais caso”. 

261.- Primeiro d’esto, na versión de VL ta tachada el acotación “guiñándoles el ojo”, acción imposible de fer con aquel tipo de monecos de guiñol tan rudimentarios. 

262.- Estixar: ‘telar, dar pr’atrás’.

263.- AS: “que me mata a doncella”.

264.- Sela duda al escribir esta palabra y, al cabo, ponla con y, tachando un Il primeiro.

265.- AS: “que son Xan d’a xata”.

266.- AS: “que veño por os cuartos d’a Marela”.

267.- AS: “Voto a tal!”. 

268.- Nel manuscrito de VL, “lle”. AS: “ye”.

269.- AS: “Vainos morrer”. 

270.- AS: “Quén e el que ta delicado?”. As dúas solucióis dos traductores son guapas: tanto el uso del verbo querer col sentido d’úa acción que ta a punto de darse (como na frase Quer chover), como el adxetivo delicado ‘malo, enfermo’. 

271.- AS: “Nun e mais c’un pouco de gastroenteritis con estomatitis subcutánea delacerante”. 

272.- AS: “mentras ye fago a primeira cura, y como será dolorosa y quizabes se queixe el pa ciente”.

273.- AS: “pra faguer sufrir a xente”.

274.- AS: “pra confesar”. 

275.- Sela empeza el parlamento de Xan en “Deixádeme…”. AS: “y’anque oígades berrar nun fagades caso que será el demo que fuxirá todo furioso por perder un alma tan preciada”.

276.- AS: “Lo qu’ie é”.

277.- AS: “nun dirá el meu pai”.

278.- AS: “coyeulo”. 

279.- AS: “¿Quen e el fiyo de puta que así falta al respeuto al sou capitán? ¡por os cornos de meu abolo que vos ei matar a todos!”.