O Galego-Asturiano na miña familia.

Uncategorized

Artículo publicado por Alicia Fdez. Sela (nieta de Alejandro Sela y alumna de 4º curso de la ESO), en el primer ejemplar de la Revista «Ferrol Vello, en Galego», página 4, editada por el Departamento de Normalización Lingüística del IES «Ferrol Vello», durante el curso 2000/2001.

O Galego-Asturiano na miña familia

O meu avó ero dunha aldea, Vilavedelle, na beira do rio Eo e cercano a Galicia. Non podo asegurar con certeza que na súa escola se falase en galego-asturiano, pero o que si podo asegurar é que en a súa casa falábanlle en galego-asturiano, ao igual que na sua aldea. A súa nai chamábase Francisca e o seu pai Xosé, eles dedicábanse a labranza. Era unha familia máis ben acomodada.

Alejandro Ramón Sela, asi se chamaba, naceu en Vilavedelle (Castripol) o 14 de febreiro de 1911. Estudiou en Madrid perito agrónomo para despois completar o bacharelato en Oviedo e poder seguir por libre a carreira de Dereito, profesión que seguiu como xuiz en Navia

O meu avó foi un home moi culto, ao que lle gustaba a literatura, pintar e escribir. Ao acabar de estudiar en Madrid empezou a publicar artigos de labranza e gandeiria no xornal El Aldeano (1929 1933), un xornal quicenal da vila do Castripol que levaban uns universitarios, case todos eles de familias acomodadas da vila que, a pesar da súa formación en castelán, seguian conservando a súa lingua materna e nesa fala dirxianse, as veces, aos labradores, persoas ás que ia dirixida esta publicación. O meu avó foi o autor da maioria de artigos en «galego-asturiano» desta publicación, en total oito, recollidos agora nun libro da Academia da la Llingua Asturiana. En moitos destes artigos describe con moita riqueza alguns dos labores o festas que marcaban o calendario anual do labrador. Segundo Xosé Miguel Suárez Fernández, filólogo asturiano, os artigos do meu avó son dos primeiros en galego asturiano conservados, e agora foron publicados polo Gobiernu del Principau D’Asturies. Nos seus artigos firmaba co pseudónimo de «el tío Pepe» co que «escribia como se fose un labrador que xa tiña visto e vivido moito”; isto tiña moito mérito xa que era un rapaz de apenas vinte anos. Publicou artigos en máis xornais e revistas, pero estes son os únicos en galego-asturiano. Publicou tres libros: «Hacia la ría del Eo«, «De vuelta al Eo» e «Vino, amor y literatura«, todos eles en castelán.

A última testemuña de que o galego-asturiano formaba parte da vida do meu avó daa a miña nai xa que cando ían á aldea visitar á familia, o meu avó falaba en galego-asturiano con toda a xente da aldea e coa súa nai.

ALICIA FERNÁNDEZ SELA, 4ºA

A continuación reproducimos un fragmento recollido neste libro e que está a vosa disposición no Equipo de Normalización, xa que a família de Alejandro Sela nos agasallou cun exemplar. Gracias a familia e gracias a Alejandro Sela polo seu labor. O noso recoñecemento EQUIPO DE NORMALIZACIÓN.

«¡Qué tía Marica!«

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.