UNIVERSIDADE DE VIGO. «A heredade que nós temos. Historia escolma de prosa en galego do Eo-Navia». 2008

Universidade de Vigo

UNIVERSIDADE DE VIGO. «A heredade que nós temos. Historia escolma de prosa en galego do Eo-Navia«. 2008. ISBM 978-84-8158-406-6. Pgns. 66 – 68

Por, Suso Fernández Acevedo

…/…

3.13. ALEJANDRO SELA, EL TÍO PEPE 

Naceu en Vilavedelle (Castropol) en 1911 (14 de febrero según documentación al respecto) e faleceu en Navia en 1982. Despois de cursar o bacharelato en Ribadeo e Uviću, estudou para perito agrícola en Madrid e posteriormente, de novo en Uviéu, estudou leis. Exerceu a xudicatura en Castropol, onde desenvolveu un importante labor cultural. 

Foi un dos precursores da tradición prosística en galego no Eo-Navia. Formou parte do movemento cultural que se xerou en Castropol a comezos do século XX ó redor da Biblioteca Popular Circulante. Nese ambiente efervescente xurdiu tamén o interese polo estudo e cultivo da fala popular da zona, igual que sucedía na Galicia administrativa. Alejandro Sela, co pseudónimo de El tío Pepe, publicou unha serie de artigos no xornal El Aldeano de Castropol, que foron recompilados e publicados por Suárez Fernández (2000) baixo o título El tío Pepe. Colaboracióis periodísticas en gallego asturiano (1931-1948). Durante a ditadura, Vilavedelle (Castropol) continuou colaborando na prensa, principalmente en castelán. 

Reproducimos un fragmento dun dos seus contos, tomado directamente de El Aldeano ((50: 1), 30 de outubro de 1931).

Cuento

…/…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *