Obra estrenada: Teatro-Casino de Castropol 18-8-1929
Obra publicada en: EL “TEATRO ALDEANO» DA BPCC (1929-1934). Editorial Ámbitu. 2009. Xosé Miguel Suárez Fernández. Pág. 139-147.
Dos nabos
UNHA.- Á Manuel, ¿sabes que parece que se che van os nabos na Curtía de Riba?
MANUEL.- Pode que sí; tamén mo parecéu a min el outro día desde el monte. Víchelos tu de cerca?
UNHA.- Sí, ho: pasamos por alí ayer de tarde condo víamos da Regueira con un carro d’espigas. Parecéume que por unde más faltan é pola esquina de riba. ¿No lo cuitarías abondo?
MANUEL.- Cuitéi por cierto: botéiyes cuito da corte del cabalo, que sempre é meyor, y dous sacos de guano que comprei na Casa del Coruxo por 60 rales. ¡Érgame el demo si sei qué é eso d’írense así sin máis nin máis! Hasta nun se pode decir qu’é mala terra nin ta mal trabayada.
OUTRO.- Pode ser qu’a nabía nun tuvese en boas condicióis, porque ás veces no nos fijamos abondo y botamos al taralóu a semente sin saber cómo é. ¿Coyíchela tu ou compráchela?
MANUEL.- Compréila na Veiga a un home da Montaña nel mes d’agosto.
OUTRO.- Ei ta: esos vendedores de nabía nun tein concencia y ás veces véndenla de tres ou cuatro anos atrasada y condo ten este tempo xa ta pasada case toda ela.
MANUEL.- Estráñame muito que seña eso, porque da misma nabía botéi nel Chau del Couso, y tan ben guapos.
OUTRO.- Pero einda poden irse.
MANUEL.- Poden…
JOSÉ.- ¿Nun serán os limacos? Porque, condo os nabos nacen, tamén yes gustan muito…
OUTRO.- Nun é de supoñer. Os limacos, anque coman algún, deixan outros. Yaí faltan todos. ¿Nun é eso, nía?
UNHA.- Sí, pola esquina de riba nun hai ún.
Un probe
EL PROBE.- Buenas noites. (Al entrar, os qu’esfoyan quédanse mirando pra él; no lo conocen. Pra eso el ama da casa sácalos de dudas.)
EL AMA.- Este home ta de pousada esta noite na nosa casa y quer agora axudarnos a esfoyar un pouco.
ALGUNHOS.- Ta ben; séntese. (Y séntase con naturalidá, sin apurarse.)
EL PROBE.- (Al AMA.) Dios ye día salú pra comer el meiz y máis qu’haya nos outros anos.
EL AMA.- Gracias; y vusté lo mismo.
ÚN.- (Al PROBE.) ¿Quer un espeto pra esfoyar?
EL PROBE.- E se me fai o favor, agradézollo. (Hai qu’advertir qu’el probe fala galego, asturiano, en fin, todos os dialectos del Noroeste d’España, por ejemplo; pra eso é probe y pra eso viaja (202).)
EL AMA.- ¿Toparáse ben alí, col cabalo, ou tenye medo?
EL PROBE.- Non, señora, non; parece qu’é manso. No me chegaréi a él muito. Tou mui acostumbrado a todos os inconvenientes.
(Os asistentes sinten curiosidá pol probe; préstanye atención.)
ÚN.- (Al PROBE.) Einda parece que nun ta mui cansado, y eso qu’usté andará abondo cada día.
EL PROBE.- Ando; é el meu oficio. Xa lo dice el refrán: «El probe y el molín, andando ganan». A noite pasada dormín na Viguía (203), nunha casa que sempre me dan pousada; unha xente que me quer ben. Erguínme condo cantaba el galo y, pouco y a pouco, vin «trabayando» polos pueblos hasta A Roda, y alí tuven na feria (204) desde as dez hasta as cuatro da tarde. Por cierto, hoi nun houbo muitos tratos. Parecía tar aquelo parado. Nun se move el dinero como antes.
UNHA VEYA.- Non, meu fiyo, non. Tán os tempos malos.
UNHA.- Entonces usté vén de pr’hacia as Esturias (205), ¿eh?
EL PROBE.- Veño. Case todo el brau lo pasei por aló. Desde Villaviciosa todo d’un lado pra outro lo recorrín hasta acó, y agora vou tamén recorrendo toda Galicia, hasta Pertugal.
UN HOME.- ¿Y usté anda solo?
EL PROBE.- Sí, señor. Desde hai tres anos.
UN HOME.- É porque a min parecíame qu’un home solo nunca anda ben. Anque nun fora máis que pr’asealo y cuidalo algo, nun ye viría mal unha muyer.
EL PROBE.– (Con sonrisa.) Experimentéilo (206) todo. Y das mías experenciacióis saquéi a consecuencia de qu’ando meyor solo. ¡Tempo foi, por eso! Caséime mui novo: tía 18 anos y ous (207) cuatro meses de feilo vin qu’a muyer nun m’era fiel de todo. Polo cual coyín el meu saco y funme.
UNHA VEYA.- Meu probe: sufríu muito por eso.
EL PROBE.- Home, diréiye. Nin muito nin pouco, porque ous dous días de separarme botéi noutra muito meyor.
(Rinse algo os qu’esfoyan.)
UN HOME.- ¿Y tuvo muito tempo con ela?
EL PROBE.- Un ano escasamente. Y separóuse de min pol mismo motivo que me separéi eu da primeira. Eu son franco: lo mismo que digo unha cousa digo outra.
UNHA PERSONA.- Y desde entoncias anda usté solo.
EL PROBE.- ¡Quiá! Despóis encamiñáronme unha viuda que me duróu ano y medio. Muito me quería, pero finóuse. Y despóis fun botando y se parándome d’outras hasta hai tres anos que me separéi da que faguía el número 14 ou 15, nun tou fijo.
UN HOME.- ¡Recoirola, einda experimentóu!
EL PROBE.- Sí, señor. Por eso agora me convencín de que coas muyeres nun fago viada (208).
UNHA MOZA.- Sí, ho, convencéuse agora que xa nun pode cos calzóis.
UN HOME.- Pois a min paréceme qu’agora faguíaye falta pr’atendelo na vejez.
EL PROBE.- Non. Y nun é que me falten, no señor; teño as que quero. Pero agora quérenme pra que gane cuartos y gastalos elas por fora. Non. Tou mui tranquilo solo.
UN.- Falando de todo un pouco, įusté d’únde vén a ser vecín, querse decir, únde nacéu?
EL PROBE.- El que nun ten casa nun é vecín de naide, como decía el outro; agora que nacer nacín en Entrerríos (209), cinco leguas aló da Bovia (210).
UNHA MOZA.- Seique hai muitos lobos pr’hacia esos sitos.
EL PROBE.- Hai por cierto. Muitos teño visto, pola Bovia sobre todo; pero bueno, agora xa non tantos como había.
UNHA MOZA.- Cuéntenos algún cuento d’elos.
OUTROS.- Sí, sí, cuéntenos algo.
EL PROBE.- Unha vez, d’esto xa hai ben anos, vía eu de feir un recorrido por Galicia y deume por ir dar unha volta por Entrerríos pra ver un irmáu que teño casado alí con seis familias, anque nun fora máis que porque nun dixese que nun m’acordaba d’él. Era d’inverno. Salín da Veiga a eso das nove da mañá con bon día y fun andando andando hasta Meredo, unde xantéi. Xantéi sin prisía y, condo pasaría algo das dúas da tarde, coyin el meu saco y el bastón y bótome a andar pr’hacia A Bovia. Anque nun me descuidéi nada pol camín, condo cheguéi á Bovia xa había máis noite que día. Eu ben sabía qu’había lobos, pero como nunca me pasara nada nun me desaminéi (211) y seguín. Pouco anduvera y xa era noite pechada, no se vía palmo de tierra (212). Bueno, menos mal que sei el camín, que se non taba perdido —ben podía irme por un arreboladoiro abaxo—. Seguín andando pola Serra del Colebreiro y, sin tardar muitas horas —¡qué digo horas!: ¡menutos!—, empecéi a nun saber qué me pasaba. Temblaba. El saco parecía que me cayía. Poñíanseme os pelos de punta y el sombreiro bailaba nel pico d’elos. Os pés pesábanme unha tonelada y púxoseme nun sei que aquí na garganta. Pero seguín, nun tía remedio, porque xa me faltaba tanto pra chegar a Entrerríos como xa anduvera desde A Bovia. Eu tropezaba nas pedras, cualquer bulto que vía xa me parecía qu’era un lobo… En fin: xa nun cabía en min. Nunha d’estas deume por mirar hacia un lado y, señores, nun me quero acordar: vin dúas luces, non mui lonxe, como se foran de fuego (213), terribles. Eu seguía andando, al luces tamén andaban; eu paraba, as luces tamén paraban. Pouco tempo despóis, nun eran dúas as luces: eran cuatro. As cuatro andaban. Mentres tanto eu pensaba en encender unha ceriya —os lobos, con lume, escapan, pero nun podía. As maus nun m’atinaban cos bolsos y, anque m’atinasen, pode que nun podese encendelas. Tamén tía pena por nun levar un chifro ou unha música cualquera —coa música y el ruido tamén escapan—.
UNHA NENA.– (Impaciente.) Y as luces que vía, ¿d’únde eran?
UNHA PERSONA MAYOR.- Eran os oyos dos lobos, fata.
A NENA.- ¡Ai, qué medo!
EL PROBE.- Sí, eran os oyos dos lobos, qu’aluman como os dos gatos, pero, xa ora, con muita máis fuerza. Pero cada vez, meus fiyos del alma, víanse máis luces, aumentaban a pares, seis, oito, doce, diez y seis… Aquelo metía miedo (214). Nunca penséi morrer máis que daquela, sin poder pedir socorro a naide -por alí nun había casa ninguna-. Xa vía el meu corpo feito pedazos como a carne d’obriga (215). Un lobo que me coyería por un brazo, outro polas oreyas, outros polos pés, y así iríanme deixando en nada. ¡Mía abola querida! (Bota as maus á cabeza.) As luces multiplicábanse. ¡Aquelo parecía a fogueira del Quince! (216) Al pouco sinto un aulido: jau!, jou!, ¡au!, ¡ou! Máis aulidos: jau!, ¡ou!, ¡au!, ¡ou! Acabóuse a mía vida, dixen pra min. Y berréi con todas as fuerzas que me quedaban. ¡A Virgen dos Desamparados me vala! Y valíume, qu’abrín os oyos y vin un carbayo grande mui cerca. Tiréi el saco, el bastón y as galochas, y d’un salto que peguéi cayin nel pico del carbayo. Abracéime a él que, anque puxasen cinco parexas de bois, nun m’arracaban. Os lobos aulaban muito máis, como fieras defamadas. Empezaron a tirarme tarróis y pedras -unha einda me deu aquí nun cadril-. Cos aulidos d’unhos vían outros, hasta que se reuniron alredor del carbayo veinte ou treinta docenas d’elos. Habíalos que, sin mentir nada, eran como cabalos. Rilaban os dentes de rabia porque nun poderan coyerme. Eu taba nel meu carbayo con algunha esperanza, esperanza que me durou pouco porque vin qu’os lobos querían tirar el carbayo escarrapatando alredor d’él quitando a terra. Muitos arrincábanye as reices cos dentes. Empecéi a temblar einda máis qu’antes porque vin que nun tía salvación. En cuanto lo tirasen, y tirábanlo lougo entre tantos, era seguro que nun quedaba de min nin os pelos. En seguida ye descubriron as reices y el carbayo xa empezaba a abalar. Pero aló lonxe vin unha luz que vía andando pr’hacia unde eu taba. Era xente. En cuanto esta xente sintiu el ruido dos lobos que me rodeaban, empezaron a tocar unha gaita. Os lobos, que tal ouguiron, empezaron a correr si pies tían (217) – xa dixen que ye tein medo á música -. Amarrábanse unhos cos outros porque nun poderan coyerme. Berréiye a aquela xente que valise y, al pouco de chegar, cayéu el carbayo con un pouco de vento que veu, y eu con él. Agarráronme y atendéronme. Vían da festa de Pastur. Pra quitarme el susto déronme unha bota de viño que traguían y hóubenyes acabala. ¡Muita sede tía!
Al acabarse
UNHA MOZA.- (Próximo a acabarse.) ¡Ánimo, rapaces, qu’esto vaise acabando! A ver quén coye el xamón que ta nel fondo.
OUTRO.- ¡Era bon!
OUTRO.- Era, mialma. Con unhas gotas del Ribeiro.
UN VEYO.- Calái, por Dios. Nun faledes de cousas «tristes».
OUTRO.- ¡Mirái qué cara puxo aquel! Pensaba qu’era verdá. (Risas.)
ÚN.-¿Qué hora é?
OUTRO.- (Mirando el reló.) Falta un cuarto pras doce.
MOZA.- Einda nun é tarde. El gaiteiro (ou acordeonista) nun ten prisa hasta as tres ou así. ¿Ou qué, ho?
GAITEIRO.- ¡Ai Dios! Por min, tamos hasta el día. Por cousa d’eso nun hai duda.
UN VEYO.- ¿Ta buena noite?
GAITEIRO.- Nun hai queixa. Nun é que teña mui estrellado, pero bueno, pode qu’aguante así. Ademáis, aquí, anque chova…
UN VEYO.- É lo mismo, xa se sabe.
(Como se ta acabando, entra el Ama da casa con unha bandeja con pedazos de pan y a fiya con outra con copas d’anís y caña.)
AMA.- Toma, Manuel, coye un pedacín que, hasta que te deites, einda ch’ha dar a fame.
MANUEL.- Xa que t’empeñas.
AMA.- Hala, Juan, apiya axina, qu’a xente nova parece que ten prisa. (Y así, sirve de pan ous que lo queren.)
FIYA.- Hala, Pedro, coye. ¿Ques meyor anís ou caña (218)?
PEDRO.- Si ch’é igual, dame del mouro.
FIYA.- Éme lo mismo. (Dáye caña.) Toma, José. ¿Tu qué ques meyor?
JOSÉ.- Lo que quieras. Tanto me dá.
FIYA.- Botarémosche (219) como ous homes. (Caña.)
ÚN QUE TA NA ESQUINA.- (Cuando José toma a copa.) Á José, esa espiga ta buena d’esfoyar.
JOSÉ.- Equivocaste. Esta ta esfoyada xa. (Algo de risa.)
FIYA.- (A un veyo.) Usté ha querer anís meyor, ¿ou qué?
VEYO.-Sí, nena, sí. A min convénme algo liviano. (Despóis de tomala.) D’hoy nun ano.
FIYA.- Y usté que lo vexa.
VEYO.- Falta fai. Hai muito que rebar d’aquí a aló.
FIYA.- É verdá. (Y así, reparte as copas entre todos.)
AMA.- Tomái, nenos; a vosoutros traigovos noces y mazás, porque nun tomaredes del outro.
OS NENOS.- (Alégranse muito.) Muitas gracias.
____________________
202.- É chamadeira esta acotación del autor, máis guiño literario y irónico qu’indicación prá representación. Quizabes por eso descuida un faraguyo el nivel lingüístico y usa el castellanismo «viaja» por viaxa.
203.- Lugar da parroquia da Roda (Tapia).
204.- El mercao y feria da Roda que se fía a os xoves era cita obrigada pra toda a xente da con tornada.
205.- Einda hoi é esta a pronunciación propia dos falantes con un modelo de fala máis conser vador: Esturias, esturiano, etc.
206.- Esa «x» é, de seguro, por influencia del castellano escrito, porque a pronunciación populai sería esperimentéilo.
207.- Nel manuscrito, «ous». É contracción habitual de Sela al escribir el xuntorio d’ay os.
208.- A lectura é dudosa, pero son cinco letras. Nun conozo a espresión en galego-asturiano.
209.- Enterríos, qu’é a forma máis común alí pra chamar al lugar, ta nel conceyo d’Eilao, cerca de Pastur, famoso pola igresia y a festa, da que se fala máis adelantre nel obra.
210.- Nel manuscrito, «Bobia». Escríbolo con «v» por criterios etimolóxicos.
211.- Pode ser lapsus al escribir ou úa confusión de sílabas que se daba na fala.
212 Castellanismo quizabes por causa del énfasis que se quer dar á frase.
213 Castellanismo, tamén con úa intención enfática, por lume, palabra qu’usa despóis.
214.- Á narración del probe quérseye dar un tono d’emoción y énfasis que quizabes inconscien temente leva a usar tantos castellanismos.
215.- Obriga é el nome que se ye daba a os establecementos dedicaos á venta de carne. Einda hai quen fala de carne d’obriga pra distinguila da carne da matanza feita na casa.
216.- Fogueira ou fogueirin usábase daquela pra chamar a celebración que se fía na noite víspora del día da festa d’un lugar. Quizabes se tía referindo á famosa Festa del Quince na Veiga.
217.- Castellanismo esplicable por tar dentro d’úa frase feita.
218.- Caña: ‘auguardente’.
219.- Nel manuscrito, «Votaremoche».